Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 18 de xaneiro de 1999 Páx. 577

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 21 de decembro de 1998 pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto e tramitación anticipada, do expediente de gasto do servicio de administración da plataforma informática (rede de datos) da Xunta de Galicia.

1. Entidade adxudicadora: Consellería da Presidencia e Administración Pública, Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos, edificio administrativo de San Caetano, Casa da Radio, teléfono 981 54 52 58, fax 981 54 52 74, 15771 Santiago de Compostela.

2. Modalidade de adxudicación: concurso polo procedemento aberto e tramitación anticipada do expediente de gasto.

3. Prazo de execución: a duración da asistencia prolongarase desde o momento da sinatura do contrato ata o 31 de decembro de 1999.

4. Orzamento total: cento vintecinco millóns doce mil oitocentas vinteunha pesetas (125.012.821 ptas.), IVE engadido.

5. Nome e enderezo do servicio ó que poden solicitarse os documentos pertinentes: Consellería da Presidencia e Administración Pública, Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos, Subdirección Xeral de Planificación e Coordinación Informática, edificio administrativo de San Caetano, Casa da Radio, teléfono 981 54 52 58, fax 981 54 52 74, 15771 Santiago de Compostela, os días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación de proposicións.

6. Clasificación: grupo III, subgrupo 3, categoría D.

7. Garantías esixidas: consistirá no 2% do orzamento de licitación (2.500.256 ptas.).

8. Modelo de proposición: o que figura como anexo ó prego de cláusulas administrativas particulares.

9. a) Prazo de presentación de proposicións: as proposicións terán que presentarse en sobre pechado, no rexistro xeral da Xunta de Galicia, sito na planta baixa do edificio administrativo central de San Caetano, Santiago de Compostela, ou por correo, da forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado. O prazo de admisión rematará ás 14 horas do día 10 de febreiro de 1999.

No exterior dos sobres expresarase o seguinte texto: «Proposición para tomar parte no concurso convocado pola Consellería da Presidencia e Adminis

tración Pública da Xunta de Galicia para a contratación do servicio de administración da plataforma informática (rede de datos) da Xunta de Galicia, que presenta... no nome... (propio ou da entidade que representa)».

b) Lingua ou linguas nas que deban redactarse: castelán ou galego.

10. a) Persoas admitidas a asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar de dita apertura: 16 de febreiro de 1999 nunha das salas de xuntas da Consellería da Presidencia e Administración Pública (semisoto do edificio central de San Caetano), a partir das 12 horas.

11. Criterios que se seguirán para adxudica-lo contrato: ver punto 6 do prego de prescricións técnicas.

12. Información complementaria: no enderezo e servicio indicados no punto 5.

13. Data de publicación no Diario Oficial das Comunidades Europeas do anuncio de información previa:

14. Data do envío do anuncio á Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas: 21 de decembro de 1998.

15. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas:

16. Anuncios: o importe do anuncio da presente resolución nos boletíns oficiais será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 21 de decembro de 1998.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública