Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 18 de xaneiro de 1999 Páx. 576

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación e requirimento (159/1990-02).

En virtude do acordado en resolución do día da data, dictada no xuízo de menor contía 159/1990, que se segue neste xulgado por instancia de Ángel González Blanco, que actúa como presidente da comunidade de propietarios do edificio U5-B da urbanización Os Tilos, representado pola procuradora Sánchez Silva, contra Urbanizadora Los Tilos, S.A., José Ramón Soraluce Blond e herdeiros de José Cagiao Rivas; por medio desta cédula requírese a Urbanizadora Los Tilos, S.A. e os herdeiros de José Cagiao Rivas, caso de aceptaren a herdanza, en situación procesual de rebeldía nesta causa, para que dentro do prazo de dous meses e de forma solidaria, executen á súa custa as obras necesarias para corrixi-las deficiencias que padece o edificio litixioso (edicicio B da parcela U5 de Os Tilos) que se detallan no fundamento xurídico terceiro da sentencia firme do 11 de marzo de 1995, mediante a solución técnica que garanta a corrección de tales defectos, que se levará a cabo con base nos informes

técnicos e periciais de Federico López Taetzel e Carmen López Baña, que constan respectivamente nos folios 271 ó 286 e 289 a 299 destes autos; todo isto baixo apercibimento de que, tanscorrido o dito prazo sen efectua-las aludidas obras, se facultará parte demandante (comunidade de propietarios antes mencionada) para a súa realización por conta dos demandados.

E para que lles sirva de notificación e requirimento en forma ós demandados rebeldes, expido a presente cédula, que asino e selo en Santiago de Compostela, o vintetrés de novembro de mil novecentos noventa e oito.

O secretario

Rubricado