Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 18 de xaneiro de 1999 Páx. 576

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE CARBALLO

CÉDULA de notificación (177/1998).

Eu, Belén Rey Baamonde, secretaria do Xulgado de Instrucción número un de Carballo, dou fe e certifico:

Que no xuízo de faltas número 177/1998, seguido ante este xulgado por lesións en agresión, no que foi denunciante Juan Iglesias Domínguez e denunciado Manuel Pereiro Castiñeiras e outros, recaeu sentencia cun encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Sentencia número. En Carballo, tres de novembro de mil novecentos noventa e oito. Vistos por Carolina Montero Trabanco, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número 1 de Carballo, os presentes autos de xuízo de faltas 177/1998, sobre lesións, nos que foron parte o Ministeiro Fiscal en representación da acción pública; como denunciante, Juan Iglesias Domínguez, como denunciados, Manuel Pereiro Castiñeiras, Braulio Arias Blanco, Germán Arias Blanco e "Ver PDF", ó non comparecer ningunha das partes, de conformidade co disposto no artigo 117 da Constitución, en nome de El-Rei, dictou a seguinte:

Resolución. Que debo absolver e absolvo a Manuel Pereiro Castiñeiras, Braulio Arias Blanco, Germán Arias Blanco e "Ver PDF", dos feitos que deron lugar a este procedemento, con declaración de oficio das custas causadas. Notifíqueselle-la presente resolución ás partes, prevíndoas de que contra ela poderán interpor recurso de apelación no prazo de cinco días, ante este xulgado, mediante escrito motivado. Así por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ás actuacións orixinais

para a súa notificación e cumprimento, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asíno.

E para que lle sirva de notificación a Manuel Pereiro Castiñeiras, que se atopa en paradoiro descoñecido, e para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, expido e asino esta cédula en Carballo o tres de decembro de mil novecentos noventa e oito.

A secretaria

Rubricado