Convocada a provisión, polo sistema de libre designación dun posto de traballo vacante na Consellería de Economía e Facenda, por Orde do 18 de novembro de 1998 (DOG nº 231, do 27 de novembro), en uso das facultades e atribucións conferidas pola Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, no seu artigo 15.4º e de conformidade co disposto no artigo 27 da referida lei, modificado polo artigo 6 da Lei 3/1995, do 10 de abril; visto o Decreto 93/1991, do 20 de marzo e demais normativa vixente, esta consellería
DISPÓN:
Primeiro.-Designa-la funcionaria que se cita no anexo desta orde para ocupa-lo posto que así mesmo se sinala.
Segundo.-O cesamento no actual destino efectuarase segundo o prazo previsto no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, no prazo de tres días a partir do seguinte ó da publicación da presente orde no DOG.
A toma de posesión deberá facerse no prazo de tres días a partir do día seguinte ó do cesamento ou no prazo dun mes segundo proceda, de conformidade co disposto no referido artigo.
Terceiro.-A xefatura de persoal do centro onde cause alta a funcionaria efectuará, dentro dos prazos sinalados anteriormente, a dilixencia de toma de posesión e seguidamente serán realizados os trámites para a súa alta en nómina.
Das dilixencias efectuadas seranlle remitidas copias á Dirección Xeral da Función Pública e á Inspección Xeral de Servicios.
Cuarto.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, logo de comunicación a esta consellería da vontade de interpoñelo.
Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 1999.
P.D. (Orde 13-12-1993)
Emilio Álvarez Rey
Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería
de Economía e Facenda
ANEXO
Apelidos e nome: Cruz Rodríguez, Beatriz de la.
NRP: 76.710.282.
Grupo: D.
Denominación: secretaria delegado.
Código do posto: EFC991000015001001.
Nivel: 16.
C. específico: 511.116.
Centro directivo: Delegación Territorial.
Dependencia: Consellería de Economía e Facenda.
Localidade: A Coruña.
11884