Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 18 de xaneiro de 1999 Páx. 560

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 14 de xaneiro de 1999, dos tribunais designados para xulga-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo administrativo da Xunta de Galicia (grupo C), convocado por Orde do 30 de decembro de 1997 (DOG número 12, do 20 de xaneiro de 1998), polo que se anula unha pregunta do exercicio tipo test.

En sesión ordinaria celebrada o día 14 de xaneiro de 1999, os tribunais adoptaron o seguinte acordo:

Detectado erro nunha pregunta do cuestionario do exercicio tipo test da fase de oposición que podería condicionar de maneira importante a contestación daquela e para garantir que na citada proba debe permitirse, en todo caso, que se poñan de manifesto as condicións de coñecemento e aptitude dos aspirantes, como esixe a normativa vixente, os ditos tribunais acordan declarar nula e ter como non posta a pregunta 70 do cuestionario III.

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 1999.

Jaime Bouzada RomeroJosé Antonio Fernández Vázquez

Presidente do tribunal nº1Presidente do tribunal nº 2

Domingo Bello Janeiro

Presidente do tribunal nº 3