Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 18 de xaneiro de 1999 Páx. 560

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 1999, do tribunal número un designado para xulga-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo subalterno (grupo E) da Administración xeral da Xunta de Galicia, convocado por Orde do 30 de decembro de 1997 (Diario Oficial de Galicia número 13, do 21 de xaneiro de 1998), pola que se anula unha pregunta do exercicio tipo test.

En sesión ordinaria e conxunta, celebrada o día 11 de xaneiro de 1999, os tres tribunais designados para xulga-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo subalterno (grupo E) da Administración xeral da Xunta de Galicia, adoptaron o seguinte acordo:

Detectado erro nunha pregunta do cuestionario do exercicio tipo test da fase de oposición que impedía a súa contestación, xa que ningunha das respostas era correcta, e para garantir que na citada proba se permita, en todo caso, que se poñan de manifesto as condicións de coñecemento e aptitude dos aspirantes, como esixe a normativa vixente, os tres tribunais acordan declarar nula e tela como formulada a pregunta número tres (3) do cuestionario III.

Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 1999.

Juan José Álvarez Pérez

Presidente do tribunal número un