Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 15 de xaneiro de 1999 Páx. 532

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación definitiva da modificación da delimitación da unidade de actuación número 31 do plan xeral de ordenación urbana, no Pino-Avenida de Vigo.

O Pleno da Corporación, en sesión celebrada o 24-9-1998, adoptou o seguinte acordo:

Prestar aprobación, con carácter definitivo, á proposta-instada a iniciativa particular por Promociones Arga, Sociedad Limitada de modificación da delimitación da actual unidade de actuación ou polígono número 31 do vixente PXOU agregándose parte de terreos do rueiro número 42, situados no lugar do Pino-Avenida de Vigo, de conformidade cun proxecto redactado polo arquitecto Roberto Laguna Fondovila, visado pola Delegación en Pontevedra do COAG o 3-12-1996.

O que se fai público para a súa executividade, subliñándose que contra este acordo, que esgota a vía administrativa, se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses computados a partir do día seguinte a esta publicación no Diario Oficial de Galicia, logo de comunicación ó órgano que dictou o acto impugnado, e isto sen prexuízo de que se poida exercer, se é o caso, calquera outro recurso que se estime procedente.

Pontevedra, 6 de novembro do 1998.

Juan Luis Pedrosa Fernández

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral

11113