Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 15 de xaneiro de 1999 Páx. 531

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LALÍN

EDICTO da alcaldía.

A Comisión de Goberno acordou inicia-los trámites para a contratación das obras que seguidamente se indican, e para tal efecto aprobou o correspondente prego de cláusulas administrativas particulares, que se expón xunto co presente edicto polo prazo de oito días para reclamacións, e ordenou anunciar concurso público:

Entidade adxudicadora: Concello de Lalín. Praza do Concello nº 1, 36500 Lalín. Teléfono 986 78 70 60. Fax 986 78 20 42.

Obxecto: reposición de pavimento de beirarrúas en tramo de Avda. Buenos Aires. PAM 98/99.

Orzamento: 25.100.000 ptas.

Duración do contrato: catro meses.

Modalidade de adxudicación: concurso público, procedemento aberto e tramitación urxente.

Clasificación do contratista: grupo G, subgrupo 6, categoría D.

Garantía provisional: 2% dos respectivos orzamentos de licitación.

Exame do expediente: os licitadores poderán examina-lo expediente na Secretaría Xeral do Concello en horas de oficina de luns a venres e ata o día anterior ó do remate do prazo de presentación de proposicións.

Lugar e prazo de presentación de proposicións: as proposicións presentaranse no Rexistro Xeral do Concello dentro do prazo de 13 días naturais contados a partir do día de publicación deste anuncio no DOG en horas de nove a catorce e na forma establecida no prego de condicións. As ofertas manteranse durante tres meses.

Apertura de proposicións: a apertura de plicas terá lugar na Casa do Concello, ás 12.30 horas do seguinte día hábil ó da finalización do prazo de presentación de ofertas. Para estes efectos considéranse os sábados como días inhábiles.

O pagamento deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Lalín, 7 de xaneiro de 1999.

Antonio Rodríguez Rodríguez

Alcalde Acctal.

11536