Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 15 de xaneiro de 1999 Páx. 531

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 30 de novembro de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se somete a información pública a solicitude para a declaración como recursos da sección B os residuos mineiros de Penouta.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Ourense, dá a coñecer que a sociedade Aproveitamento de Recursos Naturais de Galicia, S.L. con NIF B-32.222.630, e domicilio na

rúa Florencio Delgado Gurriarán 17, 3º D, O Barco de Valdeorras (Ourense) presentou unha solicitude de declaración como recursos da sección B para os residuos existentes na antiga balsa de decantación das minas de Penouta, termo municipal de Viana do Bolo e que se estende sobre unha superficie de 253.000 metros cadrados.

O que se fai público para que calquera que se considere afectado poida comparecer no expediente e alega-lo que considere conveniente no prazo de trinta días.

Ourense, 30 de novembro de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

185