Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 15 de xaneiro de 1999 Páx. 532

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

AXENCIA TRIBUTARIA

ANUNCIO da Dependencia de Recadación de Oviedo, de citación para notificación por comparecencia.

De conformidade co disposto no artigo 126.4º da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada polo artigo 28.4º da Lei 66/1997, do 30 de decembro, e tentada a notificación ó interesado ou ó seu representante por dúas veces, sen que fose posible practicala por causas non imputables á Administración Tributaria, ponse de manifesto, mediante o presente anuncio, que se encontran pendentes de notificar actos do procedemento de constrinximento dos debedores que se relacionan a seguir, sendo o órgano responsable da tramitación dos citados actos a Dependencia de Recadación, Unidade de Recadación de Débedas de Menor Contía, Delegación da Axencia Tributaria de Oviedo, rúa 19 de xullo, nº 1 de Oviedo.

Suxeito pasivo: 12710637D. Miranda Pisa, María Nieves.

Concepto. Obx. tributario: sanción Exp. 1995/1189 P. Ter. O.P.

Acto que se notifica: providencia de constrinximento.

En virtude do anterior, dispoño que os debedores indicados anteriormente, ou os seus representantes debidamente acreditados, deberán comparecer no prazo de dez días, contados desde o seguinte ó da publicación da presente resolución no boletín oficial da comunidade, de luns a venres, en horario de 9 a 14 horas, na Dependencia de Recadación, Unidade de Recadación de Débedas de Menor Contía, Delegación de Oviedo da Axencia Tributaria, r/ 19 de xullo, nº 1 de Oviedo ou na delegación ou administración da axencia tributaria correspondente ó seu domicilio fiscal, para efectos de practica-las notificacións dos citados actos.

Así mesmo, son advertidos os interesados de que, de non compareceren no mencionado prazo, a notificación entenderase producida para tódolos efectos legais desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Oviedo, 10 de novembro de 1998.

Mª Teresa Pisano Avello

Xefa da Dependencia de Recadación de Oviedo