Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 15 de xaneiro de 1999 Páx. 530

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de decembro de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/209-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T., San Cristovo, Rabal, Fonteita.

Situación: Chandrexa de Queixa.

Descricións técnicas: 2 L.M.T. aéreas a 20 kV en conductor LA-56. 1.-De 132 m, con orixe no apoio nº 26 da L.M.T. San Cristovo-Garduñeira e remate no C.T. intemperie proxectado con 50 kVA, R/T 20.000/380-220 V de Fonteita. 2ª.-De 29 m, con orixe no apoio nº 3 da L.M.T. a C.T. O Outeiro e remate no C.T. intemperie proxectado con 50 kVA, R/T 20.000/380-220 V de Rabal 3 R.B.T. aéreas de 555, 345 e 105 m respectivamente en conductor R.Z.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 1 de decembro de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

11444