Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 15 de xaneiro de 1999 Páx. 530

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de novembro de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/188-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Sociedad Electricista de Tui, S.A.

Enderezo social: Coruña, 20, 36700 Tui.

Denominación: L.M.T. e C.T. Guillarei-Soutelo.

Situación: Salceda de Caselas.

Descricións técnicas: L.M.T. aéro subterránea, a 20 kV, de 1.591 m de lonxitude o tramo aéreo, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón e matálicos, e 288 m de lonxitude o tramo subterráneo, con conductor tipo R.H.V., desde o C.T. da igrexa de Soutelo ata o C.T. que se proxecta en Soutelo-Guillarei, finalizando no C.T. existente na igrexa de Gularei, concello de Salceda de Caselas. C.T. de 100 kVA, relación de transformación 15/20 kV-220/380 V.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Pontevedra, 30 de novembro de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

11441