Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 15 de xaneiro de 1999 Páx. 529

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/339-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Eléctrica de Catoira, S.A.

Domicilio social: Gondar,5, 36612 Catoira.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Os Muíños de Vento.

Situación: Catoira.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea, a 20 kV, de 144 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde un apoio s/n da L.M.T. A Baiuca-Portocanles, rematando no C.T. que se proxecta nos Muíños de Vento, concello de Catoira. C.T. de 100 kVA, relación de transformación 20 kV-380-220 V. R.B.T., aérea, de 1.980 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 26 de novembro de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

11448