Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 15 de xaneiro de 1999 Páx. 530

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de decembro de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/210-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Nutrimentos del Campo, S.A.

Domicilio social: A Rocha-Dozón, 36518 Dozón.

Denominación: central de coxeración na Rocha-Dozón.

Situación: Dozón.

Descricións técnicas: dous grupos motoxeradores caterpillar de 1.460 kW, alternador de 1.521 kVA, 400 V de gasóleo, equipo de protección, control, sincronización, etc., 2 trafos de 1.750 kVA, 2 tan

ques de 75.000 litros, 1 caldeira de recuparación da calor de 3.000 kg/H, 2 intercambiadores de calor situada na Rocha-Dozón. Concello de Dozón.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 1 de decembro de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

11440