Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 14 de xaneiro de 1999 Páx. 462

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (98/1998).

Neste Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, séguense autos de xuízo executivo co número 00098/1998, por instancia do Banco Bilbao Vizcaya S.A, representado polo procurador Ricardo García-Piccoli Atanes, contra José Manuel Moure Rey e Gloria Martelo Cao, por reclamación de 3.364.591 pesetas de principal, máis 1.700.000 pesetas calculadas para xuros, custas e gastos; actuacións nas que no día da data se acordou sacar en poxa pública, que terá lugar por primeira vez o día 9 de febreiro de 1999 na sala de audiencias deste xulgado, e por termo de vinte días, os bens que logo se dirán.

A poxa rexerase polas seguintes condicións:

1ª Para tomar parte na poxa os licitadores deberán consignar previamente na conta de depósitos e consignacións deste xulgado, aberta no Banco Bilbao Vizcaya, S.A., oficina principal desta cidade, debendo facilita-lo número de expediente ou procedemento seguinte 1590/17/00098/1998, presentando o xustificante de ter realizado o ingreso, unha cantidade igual, polo menos, ó 20 por 100 efectivo do valor dos bens que sirva de tipo para a poxa, requisito sen o que non serán admitidos.

2ª Non se admitirán ofertas que non cubran as dúas terceiras partes do prezo de taxación.

3ª Desde a publicación da poxa ata que teña lugar, poderanse facer ofertas por escrito en prego pechado, acreditando ter efectuado o depósito previo do 20% antes indicado.

4ª Só o executante poderá facer ofertas en calidade de cederlle o remate a un terceiro.

5ª As cargas anteriores e preferentes ó crédito do demandante, se as houber, quedarán subsistentes, sen que se dedique para a súa extinción o prezo do remate, entendéndose que o rematante as acepta e queda subrogado nas responsabilidades e obrigas que delas se deriven.

6ª Os títulos de propiedade dos bens que se sacan a poxa, atópanse de manifesto na secretaría deste xulgado, para que poidan ser examinados por quen desexe tomar parte na poxa, previndo os licitadores que deberán conformarse con eles e que non terán dereito a esixiren ningúns outros.

7ª No caso de que houbese que suspender calquera das tres poxas, adíase a data para que teñan lugar para a mesma hora no día seguinte hábil dentro da semana na que se tivese sinalada a poxa que se suspendeu.

Para o suposto de que non houbese licitadores na primeira poxa, sinálase para que teña lugar a segunda o 18 de marzo de 1999 ás 10 horas, no mesmo lugar, coa rebaixa do 25% do tipo de taxación, subsistindo as demais condicións da primeira.

E para o caso de que tampouco houbese licitadores na segunda, sinálase para a terceira o día 27 de abril de 1999 ás 10 horas, no mesmo lugar que as anteriores, sen suxeición a tipo, debendo os que desexen tomar parte nela, face-lo depósito previo igual có sinalado para a segunda e persistindo as demais condicións.

Sirva o presente edicto de notificación ós demandados José Manuel Moure Rey e Gloria Martelo Cao, no caso de que resulte negativa a dilixencia de notificación persoal.

Bens obxecto de poxa.

1º Rústico. Terreo destinado a prado e monte, denominado Mansar, situado no lugar de Nemezo Marantes, concello de Santiago de Compostela. É a parcela 772 do polígono 14, ten unha superficie útil aproximada de 3 hectáreas, 16 áreas e 40 centiáreas. Inscrito no Rexitro da Propiedade nº 2 de Santiago de Compostela. Tomo 1180, libro 222, folio 129. Predio 21.823. Linda, norte, camiño; sur, Mercedes del Río Gendra; leste, José Gómez Suárez, Juan Gómez Suárez e camiño; e oeste, Fernando Gómez Suárez e José Marcelino Pereiro Picón.

Taxado pericialmente na cantidade de 3.164.000 pesetas.

2º Urbano. casa en construcción destinada a vivenda, situada no lugar de Roxos s/n, parroquia de Santa María de Villestro-Santiago de Compostela, composta de planta baixa e alta. Ocupa a superficie de 130,83 metros cadrados e forma co terreo non edificado un só predio de 11 áreas e 65 centiáreas. Lindes: norte, resto do predio do que se segregou, que queda da propiedade de Enrique Martelo Villaverde; sur, en parte camiño público que vai a Pego,

monte de Roxos e, no resto, Inmobiliaria J.Otero Pombo, S.A.; leste, muro e despois labradío e monte dos herdeiros de J. Quintáns Framil e oeste, Inmobiliaria J. Otero Pombo, S.A. Inscrito no Rexistro da propiedade nº 2 de Santiago de Compostela, tomo 1156, libro 198, folio 194, predio 19.153.

Taxado pericialmente na cantidade de 23.832.000 pesetas.

Dado en Santiago de Compostela, dez de decembro de mil novecentos noventa e oito.

O/a maxistrado/a

Rubricado

O secretario do xulgado

Rubricado

11605