Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 14 de xaneiro de 1999 Páx. 463

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de novembro de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/287-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15142 A Coruña.

Denominación: subestación transformadora en Lourizán.

Situación: Pontevedra.

Descricións técnicas: subestación transformadora a 220/66/20 kV, con dous transformadores de 75 MVA e 40 MVA, relación de transformación 220/66 kV e 220/20 kV, cos correspondentes módulos de liña, de protección dos transformadores e de medida de barras, con 12 saídas de liña a 20 kV en Lourizán. Concello de Pontevedra.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 23 de novembro de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

11453