Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 14 de xaneiro de 1999 Páx. 462

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE MADRID (SALA DO SOCIAL)

EDICTO-CÉDULA de notificación (510/1997).

No recurso de suplicación número 1089/1998 seguido ante esta sala, dimanante dos autos nº 510/1997 do Xulgado do Social número 13 dos de Madrid, por instancia de Gregoria Viduerira García contra Clinor Madrid, S.L. e Ferpesa Servicios Generales, S.L. sobre despedimento con data do catorce de maio de 1998, dictouse resolución que ten a parte dispositiva do teor literal seguinte: «que debemos estimar e estimámo-lo recurso de suplicación interposto por Gregoria Viduerira García, contra a sentencia con data do tres de outubro de mil novecentos noventa e sete, dictada polo Xulgado do Social, número 13 de Madrid, en virtude de demanda formulada pola agora recorrente contra Clinor Madrid, S.L. e Ferpesa Servicios Generales, S.L., en reclamación sobre despedimento e en consecuencia debemos revogar e revogamos en parte a sentencia recorrida, declarando a improcedencia do despedimento da demandante e condenando a Ferpesa Servicios Generales, S.L. a que, segundo a súa opción, a readmita nas

mesmas condicións ou lle aboe unha indemnización de 137.911 ptas. e, en todo caso, os salarios de tramitación desde a data do despedimento ata a notificación desta sentencia, agás que a demandante atopase outro emprego con anterioridade e a empresa probase o percibido para o seu desconto dos salarios de tramitación e absolvemos a codemandada Clinor Madrid, S.L.

Notifíqueselle-la presente resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid, facéndolles saber que contra esta só cabe recurso de casación para a unificación da doutrina, que se prepara por escrito ante esta Sala do Social dentro dos dez días seguintes á notificación da sentencia de acordo co disposto nos artigos 219, 227 e 228 da Lei de procedemento laboral, advertíndose en relación cos dous últimos preceptos citados que o depósito das 50.000 pesetas deberá efectuarse ante a Sala do Social do Tribunal Supremo, ó tempo de comparecer nela, por todo recorrente que non teña a condición de traballador ou habente-causa seu ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, mentres que a consignación do importe da condena deberá acreditarse cando proceda, polo recorrente que non goce do beneficio de xustiza gratuíta ante esta sala ó tempo de prepara-lo recurso presentando xustificante acreditativo de tela efectuado na c/c número 2870000000108998, que esta

sección sexta ten aberta no Banco Bilbao Vizcaya, sucursal número 913, sita na Glorieta de Iglesias de Madrid, podén

dose substituí-la dita consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario no que se fará consta-la responsabilidade solidaria do avalista.

Expídase testemuño da presente resolución para a súa incorporación ó rolo desta sala.

Así, por esta miña sentencia, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.».

E para que sirva de notificación a Clinor Madrid, S.L., en ignorado paradoiro, expídese o presente edicto-cédula, en Madrid o once de decembro de mil novecentos noventa e oito.

O secretario

Rubricado

11611