Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 14 de xaneiro de 1999 Páx. 421

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 1998, da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, pola que se procede a nomear e facer pública a composición do tribunal que deberá xulga-las probas para a concesión do premio extraordinario de bacharelato no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Conforme o artigo 6 da Orde do 3 de outubro de 1998 pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato para alumnos que rematasen os seus estudios de bacharelato no curso 1997-1998, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Facer pública a composición do tribunal que deberá xulga-las probas para a concesión do premio extraordinario de bacharelato, que figura no anexo desta resolución.

Segundo.-O número de premios que se poden conceder na convocatoria do curso 1997-1998 na Comunidade Autónoma de Galicia é de vintecinco (25).

Santiago de Compostela, 3 de decembro de 1998.

Severino Somoza Gómez

Director xeral de Centros e Inspección Educativa

132