Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 14 de xaneiro de 1999 Páx. 419

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ORDE do 29 de decembro de 1998 pola que se autoriza a modificación das tarifas de servicios públicos regulares permanentes de viaxeiros de uso xeral por estrada, de competencia da Xunta de Galicia.

A evolución do prezo dos elementos que integran a estructura de custos das explotacións de servicios regulares de transporte de viaxeiros de uso xeral fai necesaria a actualización das tarifas aplicables a estes servicios, de acordo co establecido a este respecto nos artigos 18 e 19 da Lei de ordenación dos transportes terrestres e 29 do regulamento que a desenvolve.

Mantense o sistema de percepción do suplemento tarifario por aire acondicionado, que lles permite ás empresas distribuír ó longo do ano o custo adicional que supón este servicio, e establécese a posibilidade de arredonda-lo prezo dos billetes para axiliza-la súa expedición.

Considéranse, tamén, na regulación tarifaria, os supostos das reduccións de tarifas, así como os de suplementos por servicios de calidade.

Na súa virtude, oído o Consello Galego de Transportes, esta consellería

DISPÓN:

Artigo 1º.-As empresas concesionarias de servicios públicos regulares permanentes de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada, de competencia exclusiva da Xunta de Galicia, poderán, a partir da entrada en vigor da presente orde, proceder á actualización das súas tarifas.

Esta actualización será autorizada pola Dirección Xeral de Transportes sempre que a variación non supoña un incremento das tarifas superior ó 1%.

Artigo 2º.-Para os incrementos superiores ós establecidos no artigo anterior, as empresas concesionarias deberán presentar ante a Dirección Xeral de Transportes unha solicitude de revisión individua

lizada de cada concesión para a que se pida o aumento, correspondendo a súa aprobación ó conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

As revisións individualizadas xustificaranse co oportuno estudio económico da concesión ou pola simple aplicación da fórmula polinómica. Nas revisións fundamentadas na aplicación da fórmula polinómica, non poderá autorizarse un incremento superior ó 1,4%.

Artigo 3º.-O incremento porcentual ó que se refiren os artigos anteriores referirase unicamente á tarifa partícipe-empresa. O mínimo de percepción será, en todo caso, o establecido no artigo 8º da presente orde.

Artigo 4º.-Para os efectos previstos no artigo 2º, a revisión das tarifas das empresas que xa se acollesen anteriormente ó procedemento de revisión individualizada e coa súa estructura de custos axustada á establecida no anexo da presente orde, efectuarase segundo a particular estructura de custos xa aprobada, sempre que a mesma non sufrise modificacións substanciais, neste caso seguiríase o procedemento establecido no artigo seguinte.

Artigo 5º.-Aquelas empresas que non tivesen aprobada unha estructura de custos axustada á establecida no anexo da presente orde, deberán, tanto no suposto previsto no artigo 1º como no recollido no artigo 2º e 4º da presente orde, presentar un estudio económico baseado na citada estructura de custos que permita, ademais de determina-lo incremento que sobre as tarifas vixentes na concesión proceda, fixa-la estructura correspondente da concesión para a aplicación da fórmula polinómica nas futuras revisións de tarifas.

Do mesmo xeito procederase, despois da oportuna xustificación no estudio económico individualizado, a modifica-la estructura de custos da concesión cando aquela sufrise modificacións substanciais nos seus elementos.

Artigo 6º.-Excepcionalmente, a Dirección Xeral de Transportes poderá autorizar sen prexuízo do disposto no artigo 7º tarifas específicas para expedicións singulares pola súa calidade ou nas que concorran circunstancias que así o xustifiquen.

Artigo 7º.-Os servicios provinciais de Transportes poderán autorizar tarifas reducidas para billetes de ida e volta ou para tarxetas de aboamento.

Para as reduccións xeralizadas de tarifas deberá presentarse o correspondente estudio económico que fundamente a solicitude. A modificación da tarifa resultante destas reduccións deberá ser autorizada pola Dirección Xeral de Transportes, establecendo, se é o caso, as limitacións que aconsellen a harmónica regulación do sector e o respecto ás normas de competencia. Nas concesións con tráficos comúns, aínda cando os servicios se presten por distinto itinerario, non poderán autorizarse reduccións xeralizadas superiores ó 20 por cento, salvo supostos

excepcionais e sempre que queden salvagardados os dereitos e intereses lexítimos dos concesionarios afectados. En todo caso as reduccións deberanse aplicar ó conxunto da explotación concesional.

A reducción tarifaria ós membros das familias numerosas aplicarase sobre a tarifa partícipe-empresa, quedando a vontade do concesionario acumulala a outros tipos de descontos que, voluntariamente, se teñan establecidos por parte do concesionario.

Artigo 8º.

1. O mínimo de percepción por billete fíxase en 106 ptas., e a percepción mínima por facturación de encargos e excesos de equipaxe establécese en 325 ptas. O mínimo de percepción por billete non engloba nin o IVE nin o canon por uso de estacións que deberá, se é o caso, agregarse á contía da percepción mínima nos percorridos con orixe ou destino nas estacións de autobuses.

2. A tarifa mínima poderase aplicar nunha contía inferior á prevista no presente artigo, sempre que non sexa menor á que resulte da aplicación da tarifa-partícipe-empresa na distancia realmente percorrida, todo isto sen prexuízo do establecido no artigo 7º.

3. Sobre o mínimo de percepción non será de aplicación a reducción tarifaria ós membros das familias numerosas.

Artigo 9º.

Primeiro.-Poderán solicitar, ante o Servicio Provincial de Transportes, autorización para o cobramento do suplemento tarifario por aire acondicionado aquelas empresas que reúnan os seguintes requisitos:

a) Ter dotados de equipo de aire acondicionado tódolos vehículos adscritos á concesión no momento da solicitude, así como calquera outro vehículo que, de conformidade co disposto na lexislación aplicable, se utilice para realizar substitucións ou para facer fronte ás eventuais intensificacións de tráfico, ou en concepto de utilización indistinta de material, tanto se se tratase de vehículos de titularidade da empresa concesionaria como se son vehículos contratados para o efecto a outras empresas.

b) Que fagan constar nos cadros de tarifas expostos ó público que a empresa presta tódolos seus servicios con vehículos dotados de equipo de aire acondicionado, polo que queda autorizada a cobrar un suplemento tarifario por este concepto.

Segundo.-Para o cálculo da contía do dito suplemento, aplicarase a seguinte fórmula:

SAI = 0,1315 + 0,1683T/365

SAI = suplemento por aire acondicionado por viaxeiro/km.

T = número medio de días ó ano nos que a temperatura máxima supera os 20 graos centígrados no

traxecto da concesión, de acordo cos datos do Instituto Nacional de Meteoroloxía.

Artigo 10º.-Aquelas empresas que non opten polo sistema previsto no artigo anterior poderán elevar ata 0,5256 pesetas/viaxeiro/quilómetro a cantidade que vaian percibir en concepto de suplemento por aire acondicionado, nas expedicións realizadas co equipo en funcionamento, manténdose sen ningún aumento a que viñesen aplicando, se fose superior a aquela.

Os billetes que se expidan con suplemento de aire acondicionado deberán reflexar tal circunstancia.

Artigo 11º.-As empresas concesionarias deberán someter á aprobación do Servicio Provincial de Transportes competente os cadros de tarifas de aplicación, que recollerán as modificacións autorizadas, incluídos, se é o caso, os suplementos por aire acondicionado e os impostos correspondentes.

Artigo 12º.-A Dirección Xeral de Transportes poderá autoriza-lo arredondamento por exceso do prezo total dos billetes, unha vez incluídos os impostos e o canon de estación cando proceda, para suprimir fraccións distintas de múltiplos de 5.

O arredondamento do prezo dos billetes solicitarase ante o Servicio Provincial de Transportes correspondente ó presenta-los cadros das tarifas de aplicación para a súa comprobación.

Artigo 13º.-Os incrementos tarificados que se deriven do establecido na presente norma aplicaranse, verbo das empresas que obtivesen prórroga das súas concesións en virtude do establecido no artigo 163 da Lei 13/1996, do 30 de decembro, sobre as tarifas vixentes para as devanditas concesións no ano 1986.

Artigo 14º.-O incumprimento do disposto nesta orde será sancionado de conformidade coa Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres e o seu regulamento de desenvolvemento do 28 de setembro de 1990.

Artigo 15º.-As empresas que incrementasen as súas tarifas no ano 1998, a través do estudio individualizado ou con motivo da validación, non poderán aplicar automaticamente o incremento previsto no artigo 1º, en relación co 13º.

As solicitudes de aumento de tarifas que en tales supostos se realicen, resolveranse pola dirección xeral aplicando a procentaxe correspondente ó período transcorrido dende a resolución que aprobou a tarifa anterior.

Disposición adicional

As solicitudes de modificación de tarifas, tanto na modalidade prevista no artigo 2º, como as baseadas en estudios individualizados, presentaranse xunto co impreso que xustifique o aboamento da taxa correspondente.

Disposición derrogatoria

Queda derrogada a orde da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda do 26 de marzo de 1998, reguladora de tarifas de servicios públicos regulares permanentes de uso xeral de transportes de viaxeiros por estrada, de competencia da Xunta de Galicia.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase a Dirección Xeral de Transportes para dictar cantas instrucións sexan precisas para a execución desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no DOG.

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 1998.

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

ANEXO

I. Estructura de custos da concesión

ConceptosCustos sen IVE

Custo total

anual (Ca)

Custo por

vehículo/km

Porcentaxe

Persoal (1)
Amortización (e)
Custo financeiro do investimento
Carburantes e lubricantes
Seguros
Reparación e conservación (3)
Neumáticos
Peaxe de estradas
Varios (4)

Total costes100,0

(1) Este concepto engloba, ademais dos custos de persoal de movemento, os relativos ós gastos xerais e de estructura de persoal da empresa imputables á concesión, incluíndo, en tódolos supostos os gastos de Seguridade Social. Non se inclúen os gastos de persoal de talleres, conservación e mantemento.

(2) Este apartado inclúe a amortización do material móbil da concesión que non agotará o prazo previsto para esta.

(3) Comprende os gastos de reparación e conservación do material, incluíndo os gastos de persoal de talleres no suposto de que estas actividades se efectúen nos talleres das empresas.

(4) Baixo o concepto de varios innclúense tódolos custos non comprendidos nos outros conceptos, como licencia fiscal, taxas de estacións, alugueres, gastos de enerxía, etc.

II. Datos de tráfico.

A=total vehículos-quilómetro/ano.

B=total de viaxeiros-quilómetro/ano.

Ocupación media de viaxeiros/vehículo= B

A

III. Custos por unidade de tráfico

Custo vehículo-quilómetro= Custo total anual (Ca)

A

Custo viaxeiros-quilómetro= Custo total anual (Ca)

B

IV. Tarifas de aplicación

I=ingresos da concesión por conceptos distintos ó de tarifa de usuarios (equipaxes, encargos, publicidade, etc.)

BE=beneficio industrial (máximo 15 por cen sobre custo anual (Ca).

Tarifa partícipe empresa (Tp)=Custo total anual (Ca)+BE

B

Total partícipe empresa (Tp)= Pesetas/viaxeiro/quilómetro

IVE= 7%

Tarifa usuarioSuma

11765