Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 13 de xaneiro de 1999 Páx. 402

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OROSO

INFORMACIÓN pública: anuncio da aprobación inicial de estudio de detalle.

Aprobado inicialmente por resolución da Alcaldía con data do 9 de decembro de 1998 o proxecto de estudio de detalle redactado por Alfonso Lage Pérez a iniciativa de Promociones Inmobiliarias Chinto, S.L., referido á ordenación da parcela sita no ámbito da unidade de execución U.A-1-1, na rúa do Portiño, s/n, Sigüeiro, exponse ó público polo prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da aparición deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedando o expediente á disposición de calquera persoa que queira examina-lo procedemento na secretaría do concello, para deduci-las alegacións pertinentes.

Este anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou ignorando o seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.

Oroso, 9 de decembro de 1998.

Edmundo Castro Vázquez

Alcalde en funcións

0142