Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 13 de xaneiro de 1999 Páx. 403

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 1998 pola que se anuncia concurso para o arrendamento de instalacións de cafetería no Xardín do Posío.

1. Entidade adxudicadora:

1.1. Organismo: Concello de Ourense.

1.2. Dependencia na que se tramita o expediente: Consellería de Medio Ambiente.

2. Obxecto do contrato:

2.1. Descrición do obxecto: concurso, mediante procedemento aberto, para a contratación do arrendamento de instalacións de cafetería no Xardín do Posío.

2.2. Prazo da concesión: 10 anos.

3. Trámite, procedemento e forma de adxudicación:

3.1. Trámite: ordinario.

3.2. Procedemento: aberto.

3.3. Forma: concurso.

4. Canon:

4.1. Os licitadores ofertarán o seu canon. Establécese como tipo da licitación o canon de 100.000 ptas. mensuais (IVE non incluído).

5. Fianzas:

5.1. Provisional: 400.000 ptas.

5.2. Definitiva: o importe dunha anualidade do canon.

6. Obtención da documentación e información:

6.1. Entidade: Consellería de Medio Ambiente.

6.2. Enderezo: rúa Arcediagos, 9 baixo.

6.3. Localidade e código postal: Ourense 32005.

6.4. Teléfono: 988 38 81 35.

7. Requisitos:

7.1. Poderán concorrer a esta licitación as personas naturais ou xurídicas, españolas e estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a súa solvencia económica, financeira e técnica e non estean incursos en causa de prohibición ou incompatibilidade.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

8.1. Prazo de presentación de proposicións: 26 días naturais contados a partir do seguinte a aquel no que apareza inserido o anuncio no BOP, de 9 a 13 horas.

8.2. Documentación que hai que presentar: a que se sinala no punto 9 do prego de cláusulas administrativas e prescricións técnicas.

8.3. Lugar de presentación: o rexistro xeral do Concello de Ourense, sito na praza Maior, nº 1. Ourense.

9. Apertura das ofertas:

9.1. Entidade: Concello de Ourense, no salón de sesións.

9.2. Enderezo: praza Maior, nº 1.

9.3. Localidade: Ourense.

9.4. Data: o día hábil seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de proposicións, ás 12.30 horas.

10. Outras informacións: os criterios de adxudicación serán os sinalados no prego de condicións administrativas e proposicións técnicas.

11. Gastos dos anuncios: por conta do adxudicatario.

Ourense, 14 de decembro de 1998.

Manuel J. Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente

0126