En cumprimento do disposto no artigo 2, punto 4º, do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación dos efectos ambientais para Galicia (DOG nº 199, do 15 de outubro), e durante o prazo de vinte días o órgano ambiental someterá o estudio de efectos ambientais ó trámite de información pública mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Na súa virtude,
RESOLVO:
1. Someter a información pública o estudio de efectos ambientais do proxecto de aproveitamento hidroeléctrico da central de Edo Baixo, no río Edo, situado no concello da Teixeira, provincia de Ourense e promovido por Ibérica de Energías, S.L.
2. Para os devanditos efectos informativos, poranse á disposición dos administrados exemplares nas seguintes dependencias:
-Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.
-Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente da provincia de Ourense.
-Concello da Teixeira.
3. As alegacións formularanse durante o prazo de vinte días, contando a partir do seguinte día ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 14 de decembro de 1998.
Francisco Pan-Montojo González
Director xeral de Calidade e Avaliacion Ambiental
11572