Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 13 de xaneiro de 1999 Páx. 397

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

CÉDULA do 11 de decembro de 1998, da Subdirección Xeral de Réxime Administrativo, pola que se notifica a incoación do expediente disciplinario a Juana Caneda Vázquez.

Por resultar o seu domicilio descoñecido, por medio da presente cédula notifícaselle a Juana Caneda Vázquez, ATS no Hospital Santa María Madre de Ourense, acordo do secretario xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 20-11-1998, polo que se lle incoa expediente disciplinario, pola presunta comisión duns feitos polos que podería incorrer nunha falta moi grave do artigo 3 c) do Decreto 94/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regu

lamento de réxime disciplinario dos funcionarios da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, polo abandono do servicio.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada de enderezo descoñecido, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 1998.

Enrique Otero Seivane

Subdirector xeral de Réxime Administrativo

11571