Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 13 de xaneiro de 1999 Páx. 398

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 1998, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se somete a información pública o estudio de efectos ambientais do proxecto de aproveitamento hidroeléctrico da central de Porto, situado nos concellos da Teixeira e Castro Caldelas, provincia de Ourense e promovido por Ibérica de Energías, S.L.

En cumprimento do disposto no artigo 2, punto 4º, do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación dos efectos ambientais para Galicia (DOG nº 199, do 15 de outubro), e durante o prazo de vinte días o órgano ambiental someterá o estudio de efectos ambientais ó trámite de información pública mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude,

RESOLVO:

1. Someter a información pública o estudio de efectos ambientais do proxecto de aproveitamento hidroeléctrico da central de Porto, situado nos concellos da Teixeira e Castro Caldelas, provincia de Ourense e promovido por Ibérica de Energías, S.L.

2. Para os devanditos efectos informativos, poranse á disposición dos administrados exemplares nas seguintes dependencias:

-Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

-Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente da provincia de Ourense.

-Concellos da Teixeira e Castro Caldelas.

3. As alegacións formularanse durante o prazo de vinte días, contando a partir do seguinte día ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 1998.

Francisco Pan-Montojo González

Director xeral de Calidade e Avaliacion Ambiental

11614