Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 13 de xaneiro de 1999 Páx. 391

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ACORDO do 7 de xaneiro de 1999, do tribunal encargado de xulga-las probas selectivas para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, escala superior de estatísticos, grupo A, polo que se fai público o lugar de exposición das cualificacións obtidas polos aspirantes no terceiro exercicio da fase de oposición e o lugar, a data e a hora de celebración do cuarto exercicio da fase de oposición.

Primeiro.-As listas de aspirantes, coas puntuacións do terceiro exercicio, están expostas no taboleiro de anuncios do Instituto Galego de Estatística. Así mesmo, publicaranse no taboleiro de anuncios da Escola Galega da Administración Pública e poderán consultarse a través dos teléfonos 902 12 00 12 e 981 54 42 99, de información ó cidadán.

Segundo.-Convócase os aspirantes aprobados á celebración do cuarto exercicio para o día 19 de xaneiro de 1999, ás 9 horas, no salón de actos da Escola Galega da Administración Pública (rúa de Madrid, 2-4, Santiago de Compostela).

Os aspirantes deberán comparecer no lugar indicado provistos do DNI e bolígrafo.

Santiago de Compostela, 7 de xaneiro de 1999.

José A. Campo Andión

Presidente do tribunal

0153