Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 13 de xaneiro de 1999 Páx. 391

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 11 de decembro de 1998 pola que se aproban os tipos de xuro máximos que as entidades de crédito aplicarán durante o ano 1999 ós contratos de arrendamento concertados en virtude do convenio de apoio financeiro ós investimentos das Pemes financiado, mediante contratos de arrendamento financeiro, polo Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e as entidades de crédito asinado o 4 de maio de 1998 (publicado no DOG número 94, do 19 de maio).

De conformidade co convenio de apoio financeiro ós investimentos das Pemes financiado, mediante contratos de arrendamento financeiro, polo Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e as entidades de crédito subscrito o 4 de maio de 1998, os tipos de xuro dos contratos de arrendamento subvencionados pola Xunta de Galicia poderán optar pola modalidade de tipo de xuro variable por anos naturais, establecéndose no texto do citado convenio o sistema de determinación do tipo de xuro.

Visto o exposto e unha vez verificados os datos relativos á evolución do MIBOR durante o período establecido no convenio e en virtude das facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Primeiro.-O tipo de xuro máximo que se aplicará durante o ano 1999 ós contratos de arrendamento financeiro do convenio de apoio financeiro ás Pemes do año 1998 será do 5,00%. No caso de que o tipo adicional sexa inferior a 1,25 puntos, o tipo de xuro que se aplicará será o resultado de engadirlle ó tipo de referencia (3,74) o tipo adicional que teñan pactado as partes. Se o tipo de xuro resultase con varios decimais arredondorase ata a mais próxima vixésima parte do punto.

Segundo.-As entidades de crédito deberán comunicarlles ós beneficiarios dos contratos de arrendamento financeiro subvencionados a variación do tipo de xuro.

Terceiro.-O tipo de xuro do contrato de arrendamento financeiro resultante para o beneficiario, é dicir, o nominal menos os puntos de subsidiación, non poderá ser inferior ó límite fixado no citado convenio e na resolución de concesión da axuda. No caso de que sexa inferior limitarase a subsidiación ata o citado límite. Para o caso de que o tipo de xuro nominal sexa igual ou inferior, suspenderase a subsidiación e o tipo de xuro que se vai aplicar ó contrato de arrendamento financeiro será o que lle corresponda segundo o establecido no punto primeiro da presente resolución.

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 1998.

José Antonio Orza Fernández

Presidente do Instituto Galego de Promoción

Económica

150