Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 13 de xaneiro de 1999 Páx. 391

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

ANUNCIO do 11 de xaneiro de 1999 polo que se fai pública a resolución provisional do proceso de selección de cinco técnicos superiores para a posta en marcha do centro de soporte informático das institucións sanitarias do organismo.

De conformidade co previsto na convocatoria, a resolución provisional do citado proceso de selección, coa relación de aspirantes excluídos, figura exposta nas dependencias deste centro directivo, Secretaría Xeral e direccións provinciais do Sergas, centros de xestión de atención primaria e especializada do organismo e delegacións provinciais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Os interesados poderán formular reclamación, ante este centro directivo, no prazo de dez días contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 1999.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos Humanos

0154