Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 12 de xaneiro de 1999 Páx. 358

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LALÍN

EDICTO da alcaldía.

A Comisión de Goberno acordou inicia-los trámites para a contratación das obras que seguidamente se indican, e para tal efecto aprobou o correspondente prego de cláusulas administrativas particulares, que se expón xunto co presente edicto polo prazo de oito días para reclamacións, e ordenou anunciar concurso público:

Entidade adxudicadora: Concello de Lalín. Praza do Concello, nº 1, 36500 Lalín. Teléfono: 986 78 70 60. Fax: 986 78 20 42.

Obxecto: infraestructura deportiva no pavillón municipal, Cercio e Vilatuxe. PAM 98/99.

Orzamento: 12.000.000 de ptas.

Duración do contrato: tres meses.

Modalidade de adxudicación: concurso público, procedemento aberto e tramitación urxente.

Clasificación do contratista: non se esixe.

Garantía provisional: 2% dos respectivos orzamentos de licitación.

Exame do expediente: os licitadores poderán examina-lo expediente na secretaría xeral do concello en horas de oficina de luns a venres e ata o día anterior ó do remate do prazo de presentación de proposicións.

Lugar e prazo de presentación de proposicións: as proposicións presentaranse no rexistro xeral do

Concello dentro do prazo de 13 días naturais contados a partir do día de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia en horas de nove a catorce e na forma establecida no prego de condicións. As ofertas manteranse durante tres meses.

Apertura de proposicións: a apertura de plicas terá lugar na Casa do Concello, ás trece horas do seguinte día hábil ó de finalización do prazo de presentación de ofertas. Para estes efectos considéranse os sábados como días inhábiles.

O pagamento deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Lalín, 18 de decembro de 1998.

Antonio Rodríguez Rodríguez

Alcalde accidental

0086