A Comisión de Goberno acordou inicia-los trámites para a contratación das obras que seguidamente se indican, e para tal efecto aprobou o correspondente prego de cláusulas administrativas particulares, que se expón xunto co presente edicto polo prazo de oito días para reclamacións, e ordenou anunciar concurso público:
Entidade adxudicadora: Concello de Lalín. Praza do Concello, nº 1, 36500 Lalín. Teléfono: 986 78 70 60. Fax: 986 78 20 42.
Obxecto: mellora de contornos de cemiterios comunitarios de Palmou, Lalín e outros. PAM 98/99.
Orzamento: 13.000.000 de ptas.
Duración do contrato: cinco meses.
Modalidade de adxudicación: concurso público, procedemento aberto e tramitación urxente.
Clasificación do contratista: non se esixe.
Garantía provisional: 2% dos respectivos orzamentos de licitación.
Exame do expediente: os licitadores poderán examina-lo expediente na secretaría xeral do concello en horas de oficina de luns a venres e ata o día anterior ó do remate do prazo de presentación de proposicións.
Lugar e prazo de presentación de proposicións: as proposicións presentaranse no rexistro xeral do Concello dentro do prazo de 13 días naturais contados a partir do día de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia en horas de nove a catorce e na forma establecida no prego de condicións. As ofertas manteranse durante tres meses.
Apertura de proposicións: a apertura de plicas terá lugar na Casa do Concello, ás trece horas do seguinte día hábil ó de finalización do prazo de presentación
de ofertas. Para estes efectos considéranse os sábados como días inhábiles.
O pagamento deste anuncio será por conta do adxudicatario.
Lalín, 21 de decembro de 1998.
Antonio Rodríguez Rodríguez
Alcalde accidental
0087