Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 12 de xaneiro de 1999 Páx. 357

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CERVO

RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 1998 pola que se anuncia o concurso tramitado para adxudicar, por procedemento aberto e urxente, as obras incluídas no nomeado Plan Cervo de Investimentos.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Cervo.

2. Obxecto do contrato: execución das obras incluídas no chamado Plan Cervo de Investimentos.

Os licitadores presentarán xunto coa oferta económica e demais documentación esixida nos pregos de cláusulas administrativas particulares, o correspondente proxecto ou solución técnica, redactado de conformidade coas bases técnicas aprobadas por esta corporación municipal ó mesmo tempo que o prego de cláusulas administrativas que se recollen como anexo.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: este procedemento contractual adxudicarase pola vía de concurso e por procedemento aberto e urxente.

4. Orzamento base de licitación: total: 437.000.000 de ptas.

O financiamento configúrase como un gasto de carácter plurianual:

Con cargo á anualidade de 1998: 325.179.926 ptas.

Con cargo á anualidade de 1999: 111.820.074 ptas.

5. Garantías: para este contrato fíxase unha garantía provisional, equivalente ó 2% do orzamento (8.740.000 ptas.).

A garantía definitiva será igual ó 4% do orzamento do contrato.

Os demais datos de interese figuran reflectidos no anuncio de licitación, en modelo normalizado, que se publica no BOP. Esta publicación é a que determina o cómputo do prazo para presenta-las proposicións.

En calquera caso, poderán obter información completa nos servicios administrativos municipais.

Cervo, 28 de decembro de 1998.

Roberto Álvarez Fernández

Alcalde

0088