Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 12 de xaneiro de 1999 Páx. 349

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación do acordo de iniciación dos procedementos sancionadores de epizootias 245SA e 265SA/1998.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º de Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data resolvín publica-lo acordo de iniciación dos procedementos sancionadores por infracción da Lei 20 de decembro de 1952, sobre epizootias (BOE nº 358, do 23 de decembro), e do seu regulamento do 4 de febreiro de 1955, modificado, entre outros, polo R.D. 1665/1976 de 7 de maio, polo que se actualizan as sancións (BOE nº 174, do 21 de xuño), por non ser posible a súa notificación.

Noméase intructora do procedemento a Paloma Puente Sánchez, funcionaria desta delegación; poderase promove-la súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 28

da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A resolución será acordada polo delegado provincial desta consellería.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para que poida examina-los expedientes na Delegación Provincial desta consellería na Coruña, sita no edificio administrativo de Servicios Múltiples - Monelos - e para achegar, por escrito, cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas estimen convenientes en defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non se efectuar alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.

O pagamento voluntario porá fin o expediente. Para efectualo deberán emprega-los impresos normalizados que lles serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Servicios Múltiples - Monelos - A Coruña.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo R.D. 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).

A Coruña, 22 de decembro de 1998.

Rogelio del Valle Muñoz-Cobo

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: 245SA/98.

Denunciado: López Vázquez, Daniel.

Último enderezo coñecido: r/ Castrillón nº 55, A Coruña.

DNI: 33.098.920 B.

Feitos denunciados: transportar animais bovinos, procedentes do mercado de Amio e con destino ó seu domicilio, carecendo de certificado de inscrición do vehículo para o transporte de gando no Servicio. de Sanidade Animal e Vexetal desta consellería.

Tipificación da infracción Regulamento de epizootias: 5.2º da Orde 4-4-1997 e o artigo 52.4º do Regulamento de epizootias en relación co 224 do mesmo regulamento.

Sanción: 15.000 ptas.

Expediente: 265SA/98.

Denunciado: García Peteiro, Eugenio.

Último enderezo coñecido: r/ Quiroga Palacios nº 16, 1º, Boimorto A Coruña.

DNI: 35.388.073.

Feitos denunciados: ter no mercado de Amio, en Santiago de Compostela, dous animais da especie ovino sen ningún tipo de identificación.

Tipificación da infracción Regulamento de epizootias: 26.2b da Orde 23-8-1995 e o artigo 8 do D. 205/1996 en relación co 224 do Regulamento de epizootias.

Sanción: 7.000 ptas.

82