Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 12 de xaneiro de 1999 Páx. 350

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 5 de xaneiro de 1999 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto por concurso e trámite de urxencia, da contratación dun servicio de transporte de ida e volta da exposición: «A mirada compracida e a mirada inquieta. A pintura finesecular entre a tradición e a modernidade».

A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anuncia-la licitación, polo procedemento aberto por concurso e trámite de urxencia, con expediente de gasto anticipado, da seguinte contratación:

Servicio de transporte de ida e volta da exposición: «A mirada compracida e a mirada inquieta. A pintura finesecular entre a tradición e a modernidade».

Orzamento de licitación: nove millóns cento setenta mil pesetas (9.170.000 ptas.). IVE incluído.

Prazo de execución: tres (3) meses.

Clasificación do contratista: non se esixe.

Garantía provisional: non se esixe.

Exposición dos pregos: os pregos de prescricións técnicas e de cláusulas administrativas estarán de manifesto para o seu exame no Servicio de Obras e Contratación da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, e nas delegacións provinciais durante o prazo de presentación de proposicións, de 10 a 14 horas, e no teléfono 981 58 89 38.

Prazo de presentación de proposicións: será ata as 14 horas do décimo terceiro día natural, contado a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Lugar de presentación de proposicións: no rexistro xeral da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente. Se as proposicións se cursan por correo, haberá que aterse ó previsto na cláusula 7.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Documentación que presentarán os licitadores: a establecida pola cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación ás 11 horas do quinto día natural

seguinte ó do remate do prazo de admisión de proposicións na sala de xuntas da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Se coincidise en sábado ou festivo terá lugar o inmediato día hábil seguinte á mesma hora.

O importe do anuncio do presente concurso correrá por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 5 de xaneiro de 1999.

P.D. (Orde 15-12-1997, DOG nº 243, do 17)

Andrés González Murga

Secretario xeral da Consellería de Cultura,

Comunicación Social e Turismo

90