Sendo devoltas polo servicio de correos, por diversos motivos, as notificacións efectuadas ás entidades que a continuación se relacionan, nas que se daba traslado da caducidade das explotacións mineiras de recursos da Sección A) polos motivos establecidos nos artigos 18.2º da Lei 22/1973, de minas, do 21 de xullo, e 31.2º do Real decreto 2857/1978, do 25 de agosto, polo que se aproba o Regulamento xeral para o réxime da minería, que determinan que a reincidencia na falta de presentación dos preceptivos plans de labores anuais poderán dar lugar á caducidade da autorización polo organismo que as concedera, polo presente anuncio faise público o contido destas, en parte bastante, para os efectos establecidos no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Relación que se cita:
Explotación: canteira Fufa nº 81.
Termo municipal: Boimorto e Melide.
Outorgada a: Concepción e Mercedes Mazaira Salgado.
Último domicilio coñecido: Rúa do Vilar, 8-10, 2º, Santiago de Compostela (A Coruña), e r/ Juan Vigón, 15, 3º Madrid, respectivamente.
Data de inicio da caducidade: 14-9-1998.
Motivo: reincidencia na falta de presentación dos preceptivos plans de labores anuais.
Explotación: canteira Catalinas nº 84.
Termo municipal: Carral.
Outorgada a: Jesús Montero Suárez.
Último domicilio coñecido: r/ Travesía Fisterra, 4 A Coruña.
Data de inicio da caducidade: 16-9-1998.
Motivo: reincidencia na falta de presentación dos preceptivos plans de labores anuais.
Explotación: canteira Costa Brava nº 86.
Termo municipal: Ferrol.
Outorgada a: Excavaciones Barco, S.A.
Último domicilio coñecido: Polígono Sigalsa, s/n, Rábade (Lugo).
Data de inicio da caducidade: 14-9-1998.
Motivo: reincidencia na falta de presentación dos preceptivos plans de labores anuais.
Explotación: canteira Beade nº 121.
Termo municipal: Boiro.
Outorgada a: Giladi, S.L.
Último domicilio coñecido: r/ Principal, 60 1º A, Boiro (A Coruña).
Data de inicio da caducidade: 14-9-1998.
Motivo: reincidencia na falta de presentación dos preceptivos plans de labores anuais.
Explotación: canteira Pedra do Raño nº 122.
Termo municipal: Montero.
Outorgada a: Pedras Ornamentais Galegas, S.A.
Último domicilio coñecido: r/ Juan Flórez, 36 1º E, A Coruña.
Data de inicio da caducidade: 14-9-1998.
Motivo: reincidencia na falta de presentación dos preceptivos plans de labores anuais.
Explotación: canteira Brión nº 128.
Termo municipal: Brión.
Outorgada a: Juan Bautista Couto Rendo.
Último domicilio coñecido: r/ Castiñeiriño, 99, Santiago de Compostela (A Coruña).
Data de inicio da caducidade: 14-9-1998.
Motivo: reincidencia na falta de presentación dos preceptivos plans de labores anuais.
Contra estas resolucións, que son executivas, caberá interpoñer recurso ordinario perante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado desde a publicación do presente anuncio.
A Coruña, 2 de decembro de 1998.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña
0083