Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 12 de xaneiro de 1999 Páx. 347

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 10 de decembro de 1998, da Delegación Territorial de Ourense, polo que se fai público o extravío do resgardo do depósito 153/1998, para os efectos de expedición de duplicado.

Faise público por medio deste anuncio o extravío do resgardo do depósito nº 153/1998, constituído o día 29 de xaneiro de 1993, en Ourense, por medio de aval bancario, polo importe de 1.716.000 ptas., e que garante a Systelsa, S.L., CIF B-80491152.

No prazo de dous meses contados a partir da publicación deste anuncio, aquelas persoas ou entidades en poder das que se poida atopar, deberán presentalo nesta delegación territorial, con domicilio na rúa do Progreso, 38-entreplanta.

Transcorrido o referido prazo sen presentarse, expedirase un novo resgardo que anulará o exemplar orixinal.

Ourense, 10 de decembro de 1998.

Norberto Fco. Bayón Rey

Delegado territorial de Ourense

11568