Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 12 de xaneiro de 1999 Páx. 346

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 9 de decembro de 1998, da Dirección Xeral de Tributos, polo que se notifican resolucións de reintegro de pagamentos indebidos ás persoas que se sinalan (María del Carmen Fernández Lijo e un máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanse por medio deste anuncio, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, resolucións da Dirección Xeral de Tributos polas que se lles require ás persoas que se relacionan no anexo, o reintegro do importe que se indica e polo concepto que se sinala.

As correspondentes delegacións territoriais da Consellería de Economía e Facenda emitirán a oportuna liquidación na que constará a forma e prazo de ingreso.

Contra a resolución obxecto de notificación poderá interpor, no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio,

sen que poidan simultanearse, algún dos seguintes recursos:

-Recurso de reposición perante o órgano que a dictou, segundo o establecido no Real decreto 2244/1979, do 7 de setembro.

-Recurso económico-administrativo perante o Tribunal Económico-Administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o establecido no Decreto 34/1997, do 20 de febreiro.

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 1998.

María Casais Mira

Directora xeral de Tributos

ANEXO

Debedor/a: María del Carmen Fernández Lijo.

NIF: 33.237.343.

Importe: 226.560 ptas.

Concepto: RISGA.

Delegacións Economía e Facenda: A Coruña.

Debedor/a: Berta Valiña Rodríguez.

NIF: 33.572.689.

Importe: 1.755.590 ptas.

Concepto: FAS.

Delegacións Economía e Facenda: Lugo.

11555