Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 12 de xaneiro de 1999 Páx. 346

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (134/1998).

Eu, María Begoña Arroyo Martín, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, certifico:

Que no libro de sentencias dictadas por este xulgado en procedementos penais, consta a recaída nos autos de xuízo de faltas número 134/1998, que ten un encabezamento e unha parte dispositiva do teor literal seguinte:

Sentencia.

«En santiago de Compostela, o trinta de novembro de mil novecentos noventa e oito.

Vistos os presentes autos de xuízo verbal de faltas nº 114/1998, seguidos neste xulgado sobre ameazas, nos que son partes a denunciante María José Kundi Quintela e o denunciado Alan James Ellis Morge.

Debo absolver e absolvo libremente a Alan James Ellis Morge da falta de ameazas pola que foi denunciado, declarando de oficio as custas procesuais.

Contra a presente resolución cabe interpor recurso de apelación ante este xulgado para ante a Audiencia Provincial, no prazo de cinco días a partir do seguinte ó da súa notificación, na forma que dispoñen os artigos 795 e 796 da Lei de axuizamento criminal.

Así, por esta miña sentencia, da que se levará certificación literal ós autos, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lles sirva de notificación a Alan James Ellis Morge e a María José Kundi Quintela, ambos con domicilio descoñecido, expido o presente edicto en Santiago de Compostela o trinta de novembro de mil novecentos noventa e oito.

A secretaria

Rubricado

11663