Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 12 de xaneiro de 1999 Páx. 346

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE MUROS

EDICTO (208/1998).

En cumprimento do acordado por Resolución do 9 de novembro de 1998, a xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Muros (A Coruña) fai saber que neste xulgado e co número 208/1998, por instancia de José Manuel Cancela Rodríguez, sobre declaración de falecemento do seu tío Antonio Cancela Rodríguez, que foi veciño de Mazaricos.

Antonio Cancela Rodríguez naceu o día 8 de novembro de 1912 en Colúns-Mazaricos, de estado civil solteiro, fillo de Francisca Candela Rodríguez, e non tiña descendentes.

Cando tiña 14 anos, sobre o ano 1928, Antonio emigrou a Arxentina en busca de traballo. Sobre o ano 1942 tiveron noticias da súa morte naquel país e desde aquela non se volveu saber máis del.

O que para os fins previdos nos artigos 2042 e seguintes da LAC, en relación cos artigos 193 e concordantes do Código civil, se fai público mediante o presente edicto, que se publicará no taboleiro de anuncios deste xulgado, no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, por dúas veces e con intervalo de quince días, para os efectos legais e para que calquera persoa que o considere oportuno poida comparecer perante este xulgado para ser oída no mencionado expediente.

Dado en Muros, 9 de novembro de 1998.

A xuíza

Rubricado

A secretaria

Rubricado

11433