Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 12 de xaneiro de 1999 Páx. 347

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 14 de decembro de 1998, da Delegación Territorial de Ourense, polo que se relacionan requirimentos de designación de perito pendentes de notificar e se empraza a interesada que se sinala para ser notificada por comparecencia (Celsa Fernández Ribao).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria,

segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse requirimentos de designación de perito pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo Servicio de Secretaría da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Ourense, en aplicación do artigo 52 da Lei xeral tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, diante do servicio sinalado no parágrafo anterior, con enderezo na rúa do Progreso, 38-Ent., en horario de 9 a 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 14 de decembro de 1998.

Francisco Norberto Bayón Rey

Delegado territorial de Ourense

ANEXO

Interesada:

Celsa Fernández Ribao.

DNI: 34.383.899.

Estrada da Granxa km 4, Ourense.

Procedemento:

Taxación pericial contradictoria.

Nº Expte.: 6649/92.

11569