Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 11 de xaneiro de 1999 Páx. 284

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (89/1998).

Eu, Begoña Arroyo Martín, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño de que neste xulgado se seguen autos de xuízo verbal de faltas número 89/1998, por insultos, nos que recaeu sentencia co encabezamento e resolución do teor literal seguinte:

En Santiago de Compostela o 13 de novembro de 1998. José Gómez Rey, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis deste partido, pronuncio a seguinte sentencia:

Vistos os presentes autos de xuízo verbal de faltas número 89/1998, seguidos neste xulgado sobre insultos, nos que son partes o denunciante Ángel Beas Corral, e o denunciado Manuel Luis Barco Fernández.

Resolvo que debo absolver e absolvo libremente a Manuel Luis Barco Fernández da falta de inxurias pola que foi denunciado, declarando de oficio as custas procesuais.

Contra a presente resolución cabe interpoñer recurso de apelación perante este xulgado, para ante a audiencia provincial, no prazo de cinco días a partir do seguinte ó da súa notificación, na forma en que dispoñen os artigos 795 e 796 da lei de axuizamento criminal.

Así por esta miña sentencia, da que se levará certificación literal ós autos, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que así conste e lles sirva de notificación a Ángel Beas Corral e Manuel Luis Barco Fernández, ambos en paradoiro descoñecido, expido, selo e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o vintesete de novembro de mil novecentos noventa e oito.

A secretaria xudicial

Rubricado

11124