Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 11 de xaneiro de 1999 Páx. 283

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de notificación (96/1998-10).

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela e o seu partido.

Fai saber que neste xulgado se tramita xuízo de faltas 96/1998-10 por instancia do axente de policía local número 128 contra Luis Iglesias García, nas

actuacións do cal se dictou sentencia cun encabezamento e parte dispositiva que literalmente din:

sentencia. En nome de El-Rei.

En Santiago de Compostela, o 26 de novembro de 1998.

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous desta cidade, dictou a presente resolución no xuízo de faltas seguido perante este xulgado coa referencia número 96/1998 no que actuaron como partes: como denunciante, o axente da policía local número 128, e como denunciado, Luis Iglesias García.

Foi parte o Ministerio Fiscal.

Resolvo que debo condenar e condeno a Luis Iglesisa García como autor responsable dunha falta do artigo 636 do Código penal á pena de multa dun mes a razón de 200 pesetas de cota diaria, así como ás custas procesuais e que deberá facer pagamento unha vez que sexa requirido para iso.

A pena deberase pagar unha vez firme a presente resolución e de se non facer así nin se cobrar por vía de constrinximento cumprirá a pena privativa de liberdade prevista no artigo 53 do Código penal en centro penitenciario.

Contra esta sentencia poderán interpoñe-los interesados recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial no prazo de 5 días desde a notificación, mediante escrito de formalización no que se exporán ordenadamente as alegacións sobre quebrantamento das normas e garantías procesuais, erro na apreciación das probas ou infracción de precepto constitucional ou legal en que se basee a impugnación e fixarase domicilio para notificacións. Se no recurso se pedise a declaración de nulidade do xuízo por infracción de precepto consitucional que se consideren infrinxidas expresaranse as razóns da indefensión. Así mesmo, deberase acreditar que se pediu a emenda da falta ou infracción na primeira instancia, agás no caso de se cometeren no momento en que fose imposible xa a reclamación. No mesmo escrito de formalización o recorrente poderá pedi-la práctica de probas que non puido propoñer en primeira instancia, das probas propostas que lle foron indebidamente denegadas, sempre que formulase a

oportuna reserva, e das admitidas que non foron practicadas por causas que non lle sexan imputables, expoñendo as razóns polas que a falta daquelas dilixencias de proba produciu indefensión.

Así, por esta miña sentencia, xulgando definitivamente na instancia, pronúncioo, mándoo e asinoo.

Lévese testemuño literal ós autos da súa razón, quedando o orixinal no libro de sentencias deste xulgado.

E para que conste e lle sirva de notificación a Luis Iglesias García expido e asino este edicto en Santiago de Compostela o trinta de novembro de mil novecentos noventa e oito.

A secretaria

Rubricado

11155