Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 11 de xaneiro de 1999 Páx. 284

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (100/1998-J).

Eu, Begoña Arroyo Martín, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño de que neste xulgado se seguen autos de xuízo de faltas número 100/1998, nos que recaeu a sentencia co encabezamento e resolución do teor literal seguinte:

En Santiago de Compostela o vintetrés de outrubro de mil novecentos noventa e oito.

Eu, José Gómez Rey, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis deste partido, pronuncio a seguinte sentencia. Vistos

os presentes autos de xuízo verbal de faltas número 100/98, seguidos neste xulgado sobre furto, nos que son partes, ademais do Ministerio Fiscal, en representación da acción pública, a denunciante Hilda Aguilar Grieder, e os denunciados Ricardo J. Carbajales Vázquez e Roberto Pombo Caamaño.

Resolvo que debo abosolver e absolvo libremente a Ricardo Jesús Carbajales Vázquez e Roberto Pombo Caamaño da falta de furto pola que foron denunciados, declarando de oficio as custas procesuais.

Contra a presente resolución cabe interpoñer recurso de apelación perante este xulgado, para ante a audiencia provincial, no prazo de cinco días a partir do seguinte ó da súa notificación, na forma en que dispoñen os artigos 795 e 796 da Lei de axuizamento criminal.

Así por esta miña sentencia da que se levará certificación literal ós autos, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que así conste e lle sirva de notificación á denunciante Hilda Aguilar Grieder, que se atopa en paradoiro descoñecido, expido, asino e selo a presente cédula en Santiago de Compostela o vinteseis de novembro de mil novecentos noventa e oito.

A secretaria xudicial

Rubricado

11126