Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 11 de xaneiro de 1999 Páx. 263

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 30 de novembro de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de ámbito provincial do sector de rematantes, serradoiros e preparados industriais da madeira de Ourense.

Visto o texto do convenio colectivo para o sector de rematantes, serradoiros e preparados industriais da madeira (código nº 3200275) de Ourense, con entrada nesta delegación provincial, subscrito en representación da parte económica, pola Asociación Empresarial de Rematantes, Serradorios e Preparados Industriais da Madeira de Ourense, e, da parte social, polas centrais sindicais UGT, CC.OO e CSI-CSIF, na xuntanza celebrada o día 19-11-1998, e, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Estatuto dos traballadores, texto refundido aprobado polo R.D. 1/1995, do 24 de marzo, R.D. 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e R.D. 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo. Esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no rexistro de convenios colectivos desta delegación provincial, con notificación á representación económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 30 de novembro de 1998.

José Lage Lage

Delegado provincial de Ourense

Convenio colectivo provincial de rematantes,

serradores e preparados industriais da madeira

de Ourense 1998

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio colectivo afectará a tódolos traballadores do sector de rematantes, serradores e preparados industriais da madeira e a tódalas empresas del que se atopen establecidas ou que se establezan na provincia de Ourense. Queda excluído do presente convenio o persoal de alta dirección ou alto consello.

Artigo 2º.-Vixencia, prórroga e denuncia.

O presente convenio será de aplicación a partir do 1 de setembro de 1998, con independencia da súa publicación no BOP. A súa duración será dun anos a partir da súa data, é dicir, ata o 31 de agosto de 1999.

O convenio entenderase prorrogado tacitamente de ano en ano sempre que non sexa denunciado por algunha das partes polo menos con tres meses de antelación ó termo da súa vixencia mediante comunicación escrita á outra parte na que se faga consta-las partes do convenio que se pretenden negociar, así como a representación que desempeña a parte denunciante. Así mesmo, entenderase prorrogado durante o tempo que medie entre a data da súa finalización e a entrada en vigor dun novo convenio que o substitúa.

Artigo 3º.-Compensación e absorción.

As melloras do presente convenio poderán ser compensadas e absorbidas ata onde alcance o cómputo anual con aquelas condicións superiores que se teñan establecidas polas empresas ou as que se establezan por disposición legal salvo que expresamente se pacte o contrario.

Artigo 4º.-Condicións máis beneficiosas.

Tódalas condicións persoais máis beneficiosas consignadas en anteriores convenios ou pactos entre a patronal e os traballadores serán pactadas individualmente.

Artigo 5º.-Xornada de traballo.

A duración da xornada anual de traballo efectivo no presente convenio colectivo será no ano 2000 de 1.780 horas. En consecuencia, e debido á adaptación prevista no convenio xeral da madeira, as xornadas laborais de traballo ata o ano 2000 serán as seguintes:

1998: 1.788 horas.

1999: 1.784 horas.

2000: 1.780 horas.

Co fin de compensa-la xornada e axustala á correspondente ás 1.788 horas, os traballadores terán

dereito a tres días e medio libres, fixándose para o efecto os seguintes:

O 24 e 31 de decembro de 1998, a tarde do día 5 de xaneiro, e o día 15 de febreiro de 1999, salvo acordo entre empresa e traballadores para a fixación doutros distintos.

Artigo 6º.-Salarios.

Todo o persoal afectado polo presente convenio percibirá as retribucións consignadas na táboa salarial anexa, incrementadas, se é o caso, co prezo da antigüidade que corresponda e demais conceptos retributivos.

Artigo 7º.-Antigüidade.

Desde o 30 de setembro de 1996, non se veñen aboando por este concepto novos dereitos, quedando por tanto suprimidos.

Non obstante, os traballadores que xerasen antes do 30 de setembro de 1996 novos dereitos e contías en concepto de antigüidade, manterán a cantidade consolidada na dita data. A dita contía quedará reflectida na nómina de cada traballador como complemento persoal, baixo o concepto de «antigüidade consolidada», non sendo absorbible nin compensable.

Para compensa-la perda económica que supón a desaparición deste concepto calcularase o equivalente a 8 anos (isto é, segundo o criterio da antiga ordenanza laboral). Un quinquenio máis tres quintas partes doutro quinquenio, das bases e porcentaxes de concepto de antigüidade de cada convenio ou no seu lugar, das porcentaxes da ordenanza laboral.

A contía resultante dividirase entre cinco.

A cantidade resultante de efectua-la operación anterior será a que se adicionará ó importe anual do salario base durante os cinco primeiros anos.

A compensación da antigüidade para 1998, 1999 e 2000 será de 1.380 ptas. para tódalas categorías.

En canto ó valor do quinquenio consolidado será de 3.250 ptas. mensuais para tódalas categorías.

Artigo 8º.-Plus de asistencia.

Establécese un plus de asistencia que será a seguinte:

Peón: 3.234 ptas./mes.

Axudante: 6.679 ptas./mes.

Oficial 2ª: 8.258 ptas./mes.

Oficial 1ª: 8.544 ptas./mes.

Encargado: 8.832 ptas./mes.

Conductor: 8.258 ptas./mes.

Auxiliar administrativo: 8.258 ptas./mes.

Coa perda, en caso de falta sen xustificar durante a xornada de traballo do 20% na primeira ausencia, do 40% na segunda e da totalidade a partir da ter

ceira. As faltas consideraranse tanto consecutivas como alternas dentro dun mesmo mes.

Artigo 9º.-Axudas de custo e desprazamentos.

Tódolos traballadores ou traballadoras que por necesidade da empresa e por orde dela teñan que efectuar viaxes ou desprazamentos que lles impidan realizar comidas ou pernoitas no seu lugar habitual ou domicilio, terán dereito ás seguintes axudas de custo diarias:

Axuda de custo completa por pernoita: 3.000 ptas.

Axuda de custo completa sen pernoita: 2.000 ptas.

Media axuda de custo: 1.000 ptas.

Se por circunstancias excepcionais os gastos orixinados superasen os importes establecidos para o efecto, o exceso deberá ser pagado pola empresa, logo da autorización do empresario, e posterior xustificación por parte do traballador.

Se a empresa se fixese cargo de tódolos gastos, non aboará cantidade ningunha por estes conceptos.

Artigo 10º.-Gratificacións extraordinarias.

As gratificacións extraordinarias de Nadal e xullo serán de 30 días de salario base máis antigüidade.

Consideraranse gratificacións extraordinarias coa denominación de paga de verán e paga de Nadal, que serán aboadas, respectivamente, antes do 30 de xuño e 20 de decembro, e devengaranse por semestres naturais, e por cada día natural en que se devengase o salario base.

-Paga de verán: do 1 de xaneiro ó 30 de xuño.

-Paga de Nadal: do 1 de xullo ó 31 de decembro.

A contía dos ditos complementos será a que se especifique para cada un dos grupos ou niveis nas táboas deste deste convenio incrementada, coa antigüidade que corresponda.

Ó persoal que ingrese na empresa faráselle efectiva a parte proporcional das gratificacións extraordinarias conforme os criterios anteriores, no momento de realiza-la liquidación dos seus haberes.

Artigo 11º.-Contrato de aprendizaxe.

O contrato de aprendizaxe que realicen as empresas comprendidas dentro do ámbito funcional do presente convenio, terá por obxecto a formación práctica e teórica do traballador contratado. O dito traballador non deberá ter ningún tipo de titulación, xa sexa superior, media, académica ou profesional relacionada con cada posto de traballo que hai que desempeñar.

O contido do contrato, igual cás súas posibles prórrogas, deberá formalizarse por escrito e figurará nel de modo claro, a actividade ou profesión obxecto da aprendizaxe.

En ningún caso se poderá realizar este tipo de contrato naquelas actividades nas que concorran circunstancias de tipo tóxicas, penosas, perigosas ou

nocturnas. Tamén estará prohibida a realización de horas extraordinarias.

A idade do traballador, con contrato destas circunstancias, non poderá ser inferior a 16 anos nin superior a 22 anos.

A) A duración máxima será de 3 anos, xa sexan alternos ou continuados, cunha ou varias empresas dentro do ámbito funcional do sector do presente convenio.

B) Non se poderán realizar contratos de duración inferior a 6 meses poderanse prorrogar ata tres veces por períodos como mínimo de 6 meses.

C) Este tipo de contrato realizarase a tempo completo. O 15% do total da xornada dedicarase a formación teórica. Concretarase no contrato as horas e días dedicados á formación. Así mesmo, especificarase o centro formativo, se é o caso, encargado do ensino teórico.

O ensino teórico, de ser psoible, deberá ser previo á formación práctica. O titor deberá velar pola adecuada formación do aprendiz así como por tódolos riscos profesionais.

O traballo efectivo que preste o traballador na empresa deberá estar relacionado coa especialidade ou obxecto do contrato.

O salario que vai percibir o aprendiz será o 75%, 85% e o 95% do salario do axudante ou categoría equivalente do presente convenio, durante o primeiro, segundo ou terceiro ano do contrato, respectivamente.

No caso de cesamento na empresa, entregarase ó traballador un certificado referente á formación teórica e práctica adquirida, no que constará a duración desta.

Artigo 12º.-Horas extraordinarias.

Conforme o disposto no Estatuto dos traballadores, as horas extraordinarias aboaranse cun recargo do 75% sobre o valor da hora ordinaria.

Artigo 13º.-Vacacións.

O tempo anual de vacacións será de trinta días naturais a salario real ou a parte proporcional que corresponda no caso de non levar traballando o ano requirido para o desfrute pleno deste dereito.

O total de días anuais de vacacións repartiranse para os efectos de desfrute con carácter xeral da seguinte forma: 15 días seguidos a desfrutar en verán.

O resto para desfrutar de acordo entre traballador e empresa, atendendo de forma prioritaria as necesidades de producción.

Deberase facer público cun mínimo de dous meses a data das vacacións.

A retribución que se percibirá por vacacións comprenderá a media da totalidade das retribucións salariais percibidas durante o trimestre natural inme

diatamente anterior á data de desfrute das vacacións, con excepción das horas extraordinarias e as gratificacións extraordinarias.

Os traballadores que cesen durante o transcurso do ano, terán dereito a que na liquidación que se lles practique no momento da baixa na empresa, se integre o importe da remuneración correspondente á parte das vacacións devengadas e non desfrutadas.

Polo contrario, e nos cesamentos de carácter voluntario, se o traballador desfrutase das súas vacacións, a empresa poderá deducir da liquidación que se lle practique a parte correspondente ós días de exceso desfrutados, en función do tempo de prestación de actividade laboral efectiva durante o ano.

Para os efectos do devengo de vacacións, considerarase como tempo efectivamente traballado o correspondente á situación de incapacidade temporal, sexa cal sexa a causa. Non obstante, dado que o dereito ó desfrute de vacacións caduca co transcurso do ano natural, perderase, se no seu vencemento o traballador continuase en baixa, aínda que manterá o dereito a percibi-la diferencia entre a retribución de vacacións e a prestación de incapacidade temporal de ser aquela de superior contía. O mesmo criterio aplicarase para os supostos de cesamentos por finalización de contrato.

Artigo 14º.-Contrato eventua por circunstancias da producción.

É o contrato celebrado ó amparo do artigo 15.1º b) do Estatuto dos traballadores, segundo redacción dada pola Lei 63/1997, do 30 de decembro, e que se concerta cando as circunstancias do mercado, acumulación de tarefas, ou exceso de pedidos así o esixiran, aínda tratándose da actividade normal da empresa.

A duración máxima deste contrato será de 13 meses e medio dentro dun período de 18 meses.

Artigo 15º.-Período de proba.

Poderase concertar por escrito un período de proba que, en ningún caso, poderá exceder de:

Técnicos e titulados superiores: 6 meses.

Técnicos de grado medio ou sen titulación e persoal administrativo cualificado: 2 meses.

Oficiais de oficio e auxiliares administrativos: 1 mes.

Resto de persoal: 15 días.

Artigo 16º.-Roupa de traballo.

O persoal afectado polo presente convenio recibirá da empresa a roupa de protección, hixiene e seguridade no traballo tal como luvas, botas ou calzado adecuado e traxes ou roupa de traballo; estas últimas pezas serán entregadas unha cada seis meses e será obrigatorio o seu uso cando o traballo o requira. As ditas pezas serán en todo momento propiedade da empresa e o traballador virá obrigado á boa conservación e uso. As empresas poderán facer constar

nas ditas pezas o anagrama dela ou da actividade.

Artigo 17º.-Revisión médica.

As empresas afectadas polo presente convenio solicitarán unha revisión médica anual para todo o cadro de persoal.

O tempo que o traballador empregue para asistir á dita revisión será aboado pola empresa.

Artigo 18º.-Incapacidade laboral transitoria por accidente de traballo.

As empresas afectadas polo presente convenio aboarán a aqueles dos seus traballadores que se atopen en situación de incapacidade laboral transitoria como consecuencia de accidente laboral ocorrido no centro de traballo e durante as horas del, e durante o tempo da hospitalización, unha compensación económica consistente na diferencia que exista entre as prestacións que o traballador perciba da Seguridade Social e o salario real que lle corresponda segundo a súa categoría profesional.

Artigo 19º.-Póliza de seguros.

As empresas virán obrigadas a concertar con primas íntegras ó seu cargo no prazo de tres meses a partir da contratación dun traballador unha póliza de seguros para a cobertura de riscos de falecemento ou incapacidade dos traballadores por accidente de traballo, incluídos os in itínere que garantan ó traballador accidentado ou ós seus causa habentes, no caso de falecemento producido por causa fortuíta, espontánea, exterior e independente.

As contías serán as seguintes:

-2.500.000 ptas. en caso de morte.

-2.500.000 ptas. en caso de invalidez total.

-2.750.000 ptas. en caso de invalidez absoluta.

-3.000.000 de ptas. en caso de gran invalidez.

A referida póliza só abranguerá os procesos iniciados a partir da vixencia e validez dela.

Esta compensación é compatible coa pensión ou indemnización que poida causa-lo traballador na Seguridade Social ou Montepío. Non obstante, a indemnización a que se fai mención neste artigo considerarase como entregada a conta da indemnización que, se é o caso, puidesen declarar con cargo ás empresas os tribunais de xustiza, unha vez que exista sentencia definitiva, sobresemento ou renuncia de accións.

Artigo 20º.-Comisión mixta paritaria.

Para a interpretación, vixilancia e cumprimento do presente convenio, constitúese unha comisión mixta paritaria que estará formada polas persoas que compuxeron a mesa negociadora do convenio.

Disposicións derradeiras

Primeira.-O presente convenio axustarase ó previsto no acordo xeral da madeira, mentres non sexa

revogado por sentencia firme do Tribunal Supremo ou Tribunal Constitucional.

No suposto de que o mencionado acordo xeral da madeira fose revogado ou declarado nulo polo Tribunal Supremo ou Constitucional, as partes asinantes do presente convenio acordan reunirse para tratar de forma específica, e darlles unha solución negociada ás cantidades aboadas polas empresas en concepto de compensación da antigüidade que, segundo o mecionado acordo xeral da madeira, habería de quedar conxelada no prazo de 5 anos.

Segunda.-No non previsto no presente convenio colectivo haberá que aterse ó disposto no Real decreto lexistativo 1/1195, do 24 de marzo, texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores e o acordo estatal da madeira, asinado o 21 de marzo de 1996 entre as centrais sindicais UXT, CC.OO. e CONEMAC, como dereito de directa aplicación para todas aquelas empreses e traballadores do correspondente ámbito territorial, este último mentres non sexa revogado ou declarado nulo mediante sentencia firme do Tribunal Supremo ou Tribunal Constituciona.

Terceira.-Para a vixencia do presente convenio o incremento salarial será do 2,1%, con efectos económicos desde o primeiro de setembro de 1998.

Cuarta.-Cláusula de sumisión ó AGA.

Ante a importancia que poida te-la resolución pacífica dos conflictos laborais, a elaboración dun acordo interprofesional galego sobre procedementos extraxudiciais de soluciónd e conflictos de traballo AGA, asinado entre a Confederación de Empresarios (CEG) e as centrais sindicais UGT, CC.OO. e a CIG, as parte asinantes deste convenio, durante a súa vixencia, acordan someterse ás disposicións contidas no AGA nos propios termos nos que están formuladas.

Disposicións transitorias

Primeira.-En relación coa póliza de seguros, as partes asinantes do presente convenio acordan fixar un incremento para os vindeiros tres anos de 500.000 ptas. cada ano en cada unha das partidas sinaladas no artigo 19º, segundo figuran no anexo dous.

ANEXO I

CategoríaSalario inicialAntigüidadeSalario base

total

Plus de

asistencia

Salario total

mensual

Peón73.1621.38074.5423.23477.776

Axudante73.1621.38074.5426.67981.221

Oficial 2ª73.1621.38074.5428.25882.800

Oficial 1ª73.1621.38074.5428.54483.086

Encargado73.1621.38074.5428.83283.374

Conductor73.1621.38074.5428.25882.800

Aux. Admón73.1621.38074.5428.25882.800

ANEXO II

ConvenioMorteInv. totalInv. Absol.Gran Inv.

1999-20003.000.0003.000.0003.250.0003.500.000

2000-20013.500.0003.500.0003.750.0004.000.000

2001-20024.000.0004.000.0003.250.0004.500.000

11745