Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 08 de xaneiro de 1999 Páx. 247

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO.

O Concello Pleno, na sesión celebrada o día 1 de outubro de 1998, acordou aprobar inicialmente as seguintes modificacións puntuais do PXMO:

* Modificación puntual na U.A. nº 34, sobre previsión de apertura de viario, en Perillo (Oleiros).

* Modificación puntual relativo ó cambio de ordenanza de aplicación a un cuarteirón situado entre a rúa Hábitat, rúa da Ribeira e vía de nova apertura, en Perillo (Oleiros).

* Modificación puntual relativa ás condicións do SUNP B-31-R e ó contorno do Equip. Dep. 10 para posibilita-lo convenio subscrito entre o IGVS, Xestur A Coruña e este Concello de Oleiros.

Acordouse, así mesmo, proceder á exposición pública do expediente polo prazo dun mes, que computará desde a última publicación (Diario Oficial de Galicia ou prensa), nas oficinas municipais de Urbanismo de 9 a 13 horas tódolos días laborais, prazo no que se poderán presenta-las alegacións que se coiden oportunas.

Oleiros, 9 de novembro de 1998.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta

11164