Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 08 de xaneiro de 1999 Páx. 247

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

RESOLUCIÓN do 18 de novembro de 1998 pola que se anuncia poxa para a contratación das obras incluídas no proxecto de creación dun parque público no barrio de Covadonga-Ourense.

1. Entidade adxudicadora:

1.1. Organismo: Concello de Ourense.

1.2. Dependencia na que se tramita o expediente: Consellería de Medio Ambiente.

1.3. Número de expediente: M.A. 1-001.

2. Obxecto do contrato:

2.1. Descrición do obxecto: poxa, mediante procedemento aberto e trámite ordinario, para a contratación das obras incluídas no denominado proxecto de creación dun parque público no barrio de Covadonga-Ourense.

2.2. Prazo de execución: 3 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

3.1. Tramitación: ordinaria.

3.2. Procedemento: aberto.

3.3. Forma: poxa.

4. Orzamento base da licitación:

4.1. Importe total: 19.944.784 ptas., IVE incluído.

5. Fianzas:

5.1. Provisional: 398.896 pesetas, correspondentes ó 2% do tipo de licitación.

5.2. Definitiva: 797.791 pesetas, correspondentes ó 4% do tipo de licitación.

6. Obtención da documentación e información:

6.1. Entidade: Consellería de Medio Ambiente.

6.2. Domicilio: rúa Arcediagos, 9 baixo.

6.3. Localidade e código postal: Ourense, 32005.

6.4. Teléfono: 988 38 81 35.

7. Requisitos:

7.1. Poderán concorrer a esta licitación as personas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a súa solvencia.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

8.1. Prazo de presentación de proposicións: 26 días naturais, contados a partir do seguinte a aquel no que apareza inserido o derradeiro anuncio no BOP ou Diario Oficial de Galicia, de 9 a 13 horas.

8.2. Documentación que se debe presentar: a que se sinala no artigo 6, do prego de cláusulas económico-administrativas.

8.3. Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Ourense.

8.4. Localidade: Ourense.

8.5. Prazo de vinculación da oferta: vinte días, máximo, contados desde a apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas:

9.1. Entidade: Concello de Ourense.

9.2. Domicilio: praza Maior, 1.

9.3. Data: o día hábil seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación das proposicións, ás 12.30 horas.

10. Outras informacións: os criterios de adxudicación serán os sinalados no prego de cláusulas económico-administrativas.

11. Gastos dos anuncios: por conta do adxudicatario.

Ourense, 18 de novembro de 1998.

Manuel J. Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente

11953