Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 08 de xaneiro de 1999 Páx. 247

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, na súa sesión celebrada o día dezanove de novembro de mil novecentos noventa e oito, acordou:

Aprobar, con carácter inicial, os proxectos de estatutos de bases de actuación da Xunta de Compensación da U.A. 21 e somete-los proxectos a información pública durante un prazo de 20 días hábiles, con citación persoal ós interesados, prazo durante o que poderán formularse as alegacións que se estimen oportunas e os propietarios de terreos solicita-la súa incorporación á Xunta de Compensación, sen prexuízo de que esta solicitude se poida efectuar posteriormente, dentro do prazo dun mes contado desde a notificación de acordo de aprobación definitiva.

Culleredo, 26 de novembro de 1998.

Julio Sacristán de Diego

Alcalde

11163