Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 08 de xaneiro de 1999 Páx. 245

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 1998, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto e tramitación anticipada do expediente de gasto, para a subministración e instalación de equipamento de rede multiservicio para o Hospital Clínico de Santiago de Compostela (S-25/99).

1. Entidade adxudicadora: Servicio Galego de Saúde, División de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Contratación e Xestión Económica, edificio administrativo San Caetano, bloque 2-2º, teléfono: 981 54 57 65; fax: 981 54 27 62, 15771 Santiago de Compostela.

2. Modalidade de adxudicación: concurso polo procedemento aberto e tramitación anticipada do expediente de gasto.

3. a) Lugar de entrega dos bens obxecto da subministración: no Hospital Clínico de Santiago de Compostela.

b) Natureza e cantidade dos productos que deban subministrarse: subministración e instalación de equipamento de rede multiservicio para o Hospital Clínico de Santiago de Compostela.

-Orzamento total: trescentos vintecatro millóns novecentas corenta mil pesetas (324.940.000 ptas.), IVE incluído.

c) Indicacións relativas á posibilidade de que os subministradores liciten por partes ou polo conxunto das subministracións requiridas: pola totalidade.

4. Prazo de entrega eventualmente imposto: ver punto 3.3 do prego de cláusulas administrativas.

5. a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicitarse os documentos pertinentes: Servicio Galego de Saúde, División de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Contratación e Xestión Económica, edificio administrativo San Caetano, bloque 2-2º, teléfono: 981 54 57 65; fax: 981 54 27 62, 15771 Santiago de Compostela.

b) Data límite para efectuar esta solicitude: 28 de xaneiro de 1999.

6. a) Data límite de recepción das ofertas: 4 de febreiro de 1999.

b) Enderezo ó que deben dirixirse: rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais. (División de Recursos Económicos ). Edificio administrativo San Caetano, bloque 2, 2º piso, 15771 Santiago de Compostela.

c) Lingua o linguas nas que deban redactarse: castelán ou galego.

7. a) Persoas admitidas a asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar da dita apertura: sala de xuntas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais en San Caetano (2º piso, ático á norte, a partir das 9.30 horas do 15 de febreiro de 1999).

8. Garantías esixidas: garantía provisional polo 2% do orzamento de licitación:

9. Modalidades esenciales de financiamento e pagamento ou referencias ós textos que as regulan: contra presentación de factura, logo de conformidade prestada polo servicio que promove a contratación.

10. Forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de provedores: unión temporal de empresas.

11. Informacións e formalidades necesarias para a avaliación das condicións mínimas de carácter económico e técnico que deberá reuni-lo provedor: ver anexos I e II do prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses desde a data de apertura das proposicións económicas.

13. Criterios que se seguirán para adxudica-lo contrato: ver anexo IV o prego de cláusulas administrativas.

14. Admisión de variantes: non se admiten variantes.

15. Información complementaria: no enderezo e servicio indicados no punto 5.

16. Data de publicación no Diario Oficial das Comunidades Europeas do anuncio de información previa: 24 de xuño de 1998.

17. Data de envío do anuncio á Oficina das Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas: 30 de decembro de 1998.

18. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas:

19. Anuncios: o importe do anuncio da presente resolución na prensa e nos boletíns oficiais, será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 1998.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos

Económicos

75