Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 08 de xaneiro de 1999 Páx. 244

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 1998, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso público aberto, de subministración sucesiva, anticipado de gasto polo trámite de urxencia, para a adquisición de diverso equipamento electromédico con destino ó Hospital Clínico de Santiago de Compostela (A Coruña). (SCS.-05/99). (12 lotes).

1. Nome e enderezo do servicio: Servicio Galego de Saúde-Servicio de Subministracións, Mantemento e Instalacións (División de Recursos Económicos), edificio administrativo San Caetano, bloque 2, andar 2º, en Santiago de Compostela. Teléfono 981 54 27 67. Fax 981 54 27 62.

2. Modalidade de adxudicación: concurso público e procedemento aberto.

3. a) Lugar de entrega da subministración: Hospital Clínico de Santiago de Compostela (A Coruña).

b) Natureza e cantidade dos productos que se deban subministrar: adquisición de diverso equipamento electromédico (12 lotes).

Orzamento total: douscentos sesenta e seis millóns cincocentas setenta e cinco mil, IVE incluído (266.575.000 ptas., IVE incluído).

Lote nº 1: equipamento para almacenamento e conservación. 9.750.000 ptas.

Lote nº 2: balón de contrapulsación. 14.000.000 de ptas.

Lote nº 3: báscula electrónica pesabebés. 1.500.000 ptas.

Lote nº 4: báscula electrónica pesacamas. 4.600.000 ptas.

Lote nº 5: cardiotocógrafos con central. 20.400.000 ptas.

Lote nº 6: equipamento neonatolóxico. 16.475.000 ptas.

Lote nº 7: electroencefalógrafos. 15.800.000 ptas.

Lote nº 8: máquina de anestesia. 50.600.000 ptas.

Lote nº 9: monitorización fisiolóxico anestesia. 23.700.000 ptas.

Lote nº 10: respiradores. 80.650.000 ptas.

Lote nº 11: respiradores neonatais 9.300.000 ptas.

Lote nº 12: respiradores volumétricos UCI pediatría. 19.800.000 ptas.

Exercicio 1999, quedando sometida a adxudicación do contrato á condición suspensiva de existencia de crédito adecuado e suficiente no exercicio 1999, de acordo co disposto no artigo 70.4º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

c) Indicacións relativas á posibilidade de que os subministradores liciten por partes e/ou polo conxunto das subministracións requiridas: cada licitador poderá presentar proposicións individuais por unicamente algún dos lotes da subministración e proposicións agrupadas de varios lotes, ata un máximo de tres.

4. Prazo de entrega eventualmente imposto: máximo 50 días desde a petición.

5. a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicita-los documentos pertinentes: ver punto 1.

b) Data límite para efectuar esta solicitude: 28 de xaneiro de 1999.

6. a) Data límite de recepción das ofertas: 4 de febreiro de 1999.

b) Enderezo ó que deben dirixirse: ver punto 1.

c) Lingua ou linguas nas que deban redactarse: castelán ou galego.

7. a) Persoas admitidas a asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar da dita apertura: terá lugar na Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, edificio administrativo San Caetano, bloque 2-2º, a partir das 10 horas do sexto día natural contado desde o seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura terá lugar o día hábil seguinte.

8. Fianzas e garantías esixidas:

Provisional:

Lote nº 1: equipamento para almacenamento e conservación. 195.000 ptas.

Lote nº 2: balón de contrapulsación. 280.000 ptas.

Lote nº 3: báscula electrónica pesabebés. 30.000 ptas.

Lote nº 4: báscula electrónica pesacamas. 92.000 ptas.

Lote nº 5: cardiotocógrafos con central. 408.000 ptas.

Lote nº 6: equipamento neonatolóxico. 329.500 ptas.

Lote nº 7: electroencefalógrafos. 316.000 ptas.

Lote nº 8: máquina de anestesia. 1.012.000 ptas.

Lote nº 9: monitorización fisiolóxico anestesia. 474.000 ptas.

Lote nº 10: respiradores. 1.613.000 ptas.

Lote nº 11: respiradores neonatais 186.000 ptas.

Lote nº 12: respiradores volumétricos UCI pediatría. 396.000 ptas.

9. Modalidades esenciais de financiamento e pagamento e/ou referencias ós textos que as regulan: ver prego de claúsulas administrativas particulares.

10. Forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de provedores: ver artigo 24 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

11. Informacións e formalidades necesarias para a avaliación das condicións mínimas de carácter económico e técnico que deberá reuni-lo provedor: ver folla de especificacións e prego de condicións técnicas. Os licitantes deberán cubri-la enquisa técnica que se achega co prego.

12. Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: desde a sinatura do contrato ata o 31 de decembro de 1999.

13. Criterios que se seguirán para adxudica-lo contrato:

1. Composición e características técnicas dos equipos ofertados: ata 35 puntos.

2. Características do servicio técnico e mantemento dos equipos: ata 25 puntos.

3. Prezos dos equipos ofertados: ata 20 puntos.

4. Outros valores engadidos (cumprimento ISO 9000, inclusión de características non esixidas nos pregos de prescricións técnicas, etc): ata 10 puntos.

14. Se é o caso, prohibición de variantes: admítense variantes.

15. Información complementaria.

16. Data da publicación no Diario Oficial de las Comunidades Europeas do anuncio da información previa ou mención da súa non publicación: 24-6-1998.

17. Data de envío do anuncio: 30-12-1998.

18. Data da recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado á OPOCE).

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 1998.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos

Económicos

11936