Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 08 de xaneiro de 1999 Páx. 246

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 1998, da División de Recursos Económicos, pola que se corrixen erros na do 18 de decembro de 1998 pola que se anuncia concurso polo procedemento aberto, tramitación anticipada do expediente de gasto e trámite de urxencia, para a contratación dun servicio para o deseño e implantación da intranet do Servicio Galego de Saúde (S-6/99).

Advertido erro no texto en galego da citada resolución, publicada no DOG número 250, do 29 de decembro de 1998,

DISPOÑO:

1º. Face-la corrección do erro producido na páxina 13.759 do sumario da citada resolución, xa que onde di: «V.-Clasificación económica: grupo: I, subgrupo 3, categoría B», debe dicir: «V Clasificación económica: grupo III, subgrupo 3, categoría B».

2º. O prazo para presentación de ofertas para realización do servicio de referencia (trece días naturais) computarase a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 1998.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos

Económicos

11962