Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 08 de xaneiro de 1999 Páx. 220

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 23 de decembro de 1998 pola que se convoca concurso de traslados específico entre os funcionarios de carreira do corpo de mestres para cubrir prazas de xefe ou xefa do departamento de orientación nos colexios públicos de educación infantil e primaria e de educación primaria dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

O Decreto 120/1998, do 23 de abril, (Diario Oficial de Galicia do 27), regula a orientación educativa e profesional na Comunidade Autónoma de Galicia.

O artigo 1 punto 2º do citado decreto establece que nos colexios de educación infantil e primaria, e nos colexios de educación primaria, nas condicións que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria determine, se crea un departamento de orientación que abranguerá no seu ámbito de actuación, ademais do propio centro, aqueloutros centros incompletos da mesma zona de escolarización. Este departamento estará coordinado por un mestre responsable da orientación educativa, que exercerá as súas funcións como xefe do dito departamento.

Pola súa parte o artigo 13 do referido decreto establece que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria cubrirá o posto de traballo do responsable do departamento de orientación naqueles colexios de educación infantil e primaria ou de educación primaria que se determine, a través dun concurso de méritos específico entre os funcionarios do corpo de mestres. Considérase criterio preferente estar en posesión dunha das seguintes titulacións: doutor ou licenciado en psicopedagoxía, ou en psicoloxía, ou en filosofía e ciencias da educación (especialidade de psicoloxía ou ciencias da educación) ou en filosofía e letras (especialidade de pedagoxía ou psicoloxía), tal como figura na alínea a) do artigo 4 do dito decreto.

Na disposición derradeira primeira do Decreto 120/1998, autorízase a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para dictar cantas disposicións sexan precisas para a execución e desenvolvemento do que nel se establece.

Na súa virtude esta Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Primeira.-Convocar concurso de traslados específico entre os funcionarios de carreira do corpo de mestres para cubrir prazas de xefe ou xefa do departamento de orientación en colexios públicos de educación infantil e primaria ou de educación primaria.

Segunda.-As prazas que se cubrirán neste concurso serán as que, no seu momento, determine esta consellería, tendo en conta, en todo caso, que estas prazas se ofertarán de entre os centros que aparecen no anexo II desta orde.

En todo caso, as prazas que se cubrirán neste concurso faranse públicas no Diario Oficial de Galicia previamente á resolución provisional da convocatoria.

Terceira.-Poderán participar, con carácter voluntario, na presente convocatoria:

a) Os funcionarios do corpo de mestres que estean en situación de servicio activo con destino definitivo en centros dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, sempre que, de conformidade co establecido no parágrafo segundo do número 6 da disposición adicional décimo quinta da Lei 30/1984, do 2 de agosto, transcorresen ó remate do presente curso académico, polo menos dous anos desde a toma de posesión do último destino definitivo.

b) Así mesmo poderán participa-los funcionarios de carreira do corpo de mestres que teñan destino provisional nun centro dependente da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Cuarta.-Os mestres que desexen participar nesta convocatoria cubrirán a instancia que para tal fin lles será facilitada polos órganos da Administración educativa, debendo xunta-los documentos xustificativos dos méritos alegados, conforme se prevé no anexo I da presente orde.

Os que aleguen, ademais, estar en posesión dunha das titulacións sinaladas na base décima da presente orde, presentarán fotocopia cotexada do título correspondente. Así mesmo, os que aleguen estar habilitados en pedagoxía terapéutica ou en audición e linguaxe, presentarán fotocopia cotexada do certificado da habilitación.

Quinta.-O prazo de presentación de solicitudes e documentos será de 15 días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia. Finalizado este prazo non se admitirá ningún cambio nas súas peticións.

As instancias, orixinal e copia, así como a documentación á que se alude no punto anterior, poderán presentarse nas delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ou en calquera das dependencias ás que alude o artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. No caso de que optasen por presenta-la súa solicitude ante unha oficina de correos, farano en sobre aberto, para que a instancia sexa datada e selada polo funcionario de correos antes de ser certificada.

Sexta.-Os asinantes das instancias deberán manifestar nelas, de modo expreso, que reúnen os requisitos esixidos na convocatoria, consignando os centros que solicitan por orde de preferencia, cos números de código que figuran no anexo II da presente orde.

Sétima.-Tódalas condicións que se esixen nesta convocatoria e os méritos que aleguen os participantes teranse cumpridos ou recoñecidos na data de terminación do prazo de presentación de solicitudes, agás o preceptuado na alínea a) da base terceira.

Oitava.-Non serán tidos en conta os méritos non invocados nas solicitudes, nin tampouco aqueles que non se xustifiquen documentalmente durante o seu prazo de presentación.

Novena.-Poderá ser anulado o destino obtido por calquera concursante que non se axuste ás normas da convocatoria.

Décima.-Dereitos preferentes:

Os profesores que se acollan ó dereito preferente farano constar nas súas instancias, indicando a causa na que apoian a súa petición.

Para os efectos de adxudicación de prazas só se terán en conta os seguintes dereitos preferentes:

1. Dereito preferente ó centro onde se tivera o destino definitivo:

Terán dereito preferente os funcionarios de carreira do corpo de mestres que teñan destino definitivo no propio centro e posúan algunha das seguintes titulacións: doutor ou licenciado en psicopedagoxía, ou en psicoloxía, ou en filosofía e ciencias da educación (especialidade de psicoloxía ou ciencias da educación) ou en filosofía e letras (especialidade de pedagoxía ou psicoloxía) ou que foran diplomados nas escolas universitarias de Psicoloxía ata 1974.

Para estes efectos entenderase que os profesores suprimidos teñen destino definitivo no centro no que resultaron suprimidos e computaráselle-lo tempo transcorrido nesta situación sempre que non perdesen o dereito preferente.

2. Dereito preferente á zona educativa:

Terán dereito preferente ás prazas convocadas nunha zona educativa os funcionarios de carreira do corpo de mestres ós que se lles suprimise o seu posto de traballo ou resultasen suprimidos no proceso de adscrición regulado na Orde do 15 de maio de 1996 ou con posterioridade, sempre que continúen

nesa situación, nun centro da zona correspondente e non perdesen o dereito preferente, consonte a normativa que regula o concurso de traslados, e posúan algunha das titulacións sinaladas no punto 1 desta base.

Cando existan varios mestres que exercen o dereito preferente ó centro establecerase a prioridade atendendo os seguintes criterios, aplicados sucesivamente:

a) Maior antigüidade no centro. Para estes efectos computarase como antigüidade no centro tamén o tempo de permanencia en comisión de servicios, servicios especiais e outras situacións administrativas que non supuxesen perda de destino definitivo.

b) Maior antigüidade no corpo de mestres.

c) Menor número de rexistro persoal ou, de se-lo caso, número de lista.

Cando existan varios mestres que exercen o dereito preferente á zona educativa, a prioridade entre eles determinarase pola maior puntuación que resulte da aplicación do baremo que, como anexo I, se publica coa presente convocatoria.

Décimo primeira.-Para a provisión das prazas que se cubrirán neste concurso, cando non se adxudiquen a través dos méritos preferentes establecidos na base décima, terán prioridade os mestres que posúan algunha das titulacións relacionadas na citada base. No suposto de concorrer máis dun aspirante, dirimiranse pola aplicación do baremo establecido no anexo I.

No caso de se produciren empates no total das puntuacións, estes resolveranse, atendendo sucesivamente a maior puntuación en cada unha das alíneas do baremo establecido no anexo I, pola orde na que aparecen nel. Se persistise o empate atenderase a puntuación obtida nas distintas subalíneas pola orde, igualmente, que aparece no dito baremo. Para estes efectos, deberá terse en conta que, naquelas alíneas ou subalíneas do baremo para as que se estableza unha puntuación máxima, a puntuación outorgada ós concursantes non poderá superala. De resultar necesario, utilizarase sucesivamente como último criterio de desempate o ano no que se convocou o procedemento selectivo a través do que se ingresou no corpo e a puntuación coa que resultou seleccionado.

Décimo segunda.-A avaliación dos méritos alegados polos concursantes será levada a cabo por unha comisión constituída por funcionarios destinados na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Esta comisión estará cualificada na categoría primeira para os efectos do previsto no Decreto 299/1990, do 24 de maio.

Cada un dos sindicatos pertencentes á mesa sectorial de educación poderá nomear unha persoa representante para asistir ás sesións da comisión, con voz e sen voto.

Décimo terceira.-Realizadas as baremacións dos méritos alegados polos concursantes procederase á

publicación, na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e nas súas delegacións provinciais, das puntuacións acadadas polos participantes.

Establecerase un prazo de oito días naturais para reclamar contra estas puntuacións. Rematado o citado prazo a comisión exporá as rectificacións que procederan.

Contra esta derradeira exposición non cabe reclamación e terá que esperarse a que a Dirección Xeral de Persoal faga pública no Diario Oficial de Galicia a resolución provisional.

Décimo cuarta.-Os concursantes poderán presentar reclamacións e renuncias á adxudicación provisional, a través do órgano no que presentaron a súa solicitude, no prazo de dez días naturais a partir da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Décimo quinta.-Consideradas, se é o caso, as reclamacións e renuncias ás que se refire a base anterior, a Dirección Xeral de Persoal procederá a dicta-la resolución definitiva da adxudicación. A dita resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia.

Décimo sexta.-Os funcionarios do corpo de mestres que acaden destino no presente concurso exercerán a xefatura do departamento de orientación con carácter definitivo.

Décimo sétima.-Os mestres que resulten adscritos ás xefaturas dos departamentos de orientación dos colexios de educación infantil e primaria e dos colexios de educación primaria están obrigados a desprazarse ós centros que se lles adscriban, conforme o establecido no Decreto 120/1998, do 23 de abril.

Décimo oitava.-Nos colexios públicos de educación infantil e primaria e nos de educación primaria nos que a praza de xefe ou xefa do departamento

de orientación sexa provista na resolución da presente convocatoria, constituirase o departamento de orientación que terá a composición establecida no artigo 4 do Decreto 120/1998, do 23 de abril, polo que se regula a orientación educativa e profesional na Comunidade Autónoma de Galicia.

Disposicións adicionais

Primeira.-Sen prexuízo do establecido na base décimo sexta, os xefes dos departamentos de orientación que acaden destino na presente convocatoria poderán, temporalmente, impartir docencia directa ó alumnado naqueles casos que determine a delegación provincial, logo do informe da Inspección Educativa.

Segunda.-Os mestres que estean participando simultaneamente nesta convocatoria e na realizada pola Orde do 30 de outubro de 1998 (DOG do 12 de novembro), e que obteñan praza definitiva como xefe ou xefa do departamento de orientación, deberán renunciar a ela ou á súa participación no concurso xeral de traslados, no prazo de dez días contados desde a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Terceira.-Contra esta orde poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo nos prazos e forma establecidos na Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Cuarta.-Os mestres que estean participando no concurso xeral de traslados convocado pola Orde do 30 de outubro de 1998 (DOG do 12 de novembro) e participen nesta convocatoria están exentos da presentación dos méritos xa xustificados.

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 1998.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO I

BAREMO

Documentación xustificativa

A) Tempo de permanencia ininterrompida como funcionario de carreira con destino definitivo no centro desde o que participa.Folla de servicios certificada pola delegación provincial correspondente.
Polo primeiro, segundo e terceiro ano: 1 punto por ano.
Polo cuarto ano: 2 puntos.
Polo quinto ano: 3 puntos.
Polo sexto, sétimo, oitavo, noveno e décimo: 4 puntos por ano.
Polo décimo primeiro e seguintes: 2 puntos por ano.
As fraccións de ano computaranse da seguinte maneira: Fracción de 6 meses ou superior, como un ano completo. Fracción inferior a 6 meses, non se computa.
Para os mestres con destino definitivo nun posto de traballo docente de carácter singular, a puntuación desta alínea virá dada polo tempo de permanencia ininterrompida no posto desde o que o solicita.Xustificación acreditativa.
Para os mestres en adscrición temporal a centros publicos españois no estranxeiro ou á función de inspección educativa ou en supostos análogos, a puntuación desta alínea virá dada polo tempo de permanencia ininterrompida na dita adscrición.

B) Tempo de permanencia ininterrompida con destino definitivo en centro ou posto singular desde o que se solicita cando foran catalogados como de especial dificultade por tratarse de difícil desempeño ou de zona de actuación educativa preferente.Folla de servicios certificada pola delegación provincial correspondente.
Polo primeiro, segundo e terceiro ano: 0,50 puntos por ano.
Polo cuarto ano: 1 punto.
Polo quinto ano: 1,50 puntos.
Polo sexto, sétimo, oitavo, noveno e décimo: 2 puntos por ano.
Polo décimo primeiro e seguintes: 1 punto por ano.
As fraccións de ano computaranse do seguinte xeito:
Fracción de 6 meses ou superior, como un ano completo.
Fracción inferior a 6 meses, non se computa.
Non se computarán para estes efectos o tempo que se permaneceu fóra do centro en situación de servicios especiais, comisión de servicios, en licencia por estudios ou situacións análogas.

Documentación xustificativa

C) Tempo transcorrido en situación de provisionalidade polos funcionarios de carreira que nunca obtiveron destino definitivo.Folla de servicios certificada pola delegación provincial correspondente.
1 punto por ano de servicios ata que obteñan a propiedade definitiva.
As fraccións de ano computaranse a razón de 0,0833 puntos por cada mes completo.
Os servicios desta clase prestados en centros ou postos clasificados como de especial dificultade por tratarse de difícil desempeño ou de zona de actuación educativa preferente, darán dereito, ademáis, á puntuación establecida na alínea B).

D) Anos de servicio activo como funcionarios de carreira no corpo de mestres.Folla de servicios certificada pola delegación provincial correspondente.
1 punto por cada ano de servicio.
As fraccións de ano computaranse a razón de 0,0833 puntos por cada mes completo.

E) Cursos de perfeccionamento organizados polas administracións públicas educativas competentes e, se é o caso, as homologacións ou equivalencias que procedan.
E.1. Cursos impartidos: por participar, en calidade de relator, profesor ou dirixir, coordinar ou exercer como titor de cursos de formación permanente (entendidos nas súas distintas modalidades: grupos de traballo, seminarios, grupos de formación en centros, cursos, etc.) convocados polos órganos centrais ou periféricos das administracións con competencias ou realizados por institucións sen ánimo de lucro que foran homologados ou recoñecidos por estas mesmas administracións, así como os convocados polas universidades.Copia cotexada do documento acreditativo.
0,10 puntos por cada 10 horas acreditadas ata un máximo de 1 punto.
E.2. Cursos superados: pola asistencia a cursos de formación do profesorado (entendidos como se sinala no punto anterior), convocados polos órganos centrais ou periféricos das administracións con competencias ou realizados por institucións sen ánimo de lucro e que foran homologados ou recoñecidos por estas mesmas administracións, así como os convocados polas universidades.Copia cotexada do documento acreditativo.
0,10 puntos por cada 10 horas de cursos superados acreditados, ata un máximo de 2 puntos.
Nestes subpuntos só se tomarán en consideración os cursos que versen sobre especialidades propias do corpo de mestres ou sobre aspectos científicos, didácticos ou de organizción relacionados con actividades propias deste.
Cando os cursos veñan expresados en créditos entenderase que cada crédito equivale a 10 horas.
E.3. Por cada especialidade do corpo de mestres distinta á de ingreso nel, adquirida a través do procedemento previsto no Real decreto 850/1993, do 4 de xuño, de adquisición de novas especialidades: 0,50 puntos por cada nova especialidade.Copia cotexada do documento acreditativo.
* Nota: Por esta alínea E) pódese outorgar ata un máximo de 3,50 puntos.

F) Titulacións académicas distintas ás alegadas para o ingreso no corpo de mestres.

F.1. Por posuí-lo título de doutor: 2,50 puntos.

Copia cotexada do título ou certificacións académicas cando se trate de cursos superados.
F.2. Titulacións de segundo ciclo: polos estudios correspondentes ó segundo ciclo de licenciaturas,enxeñerías, arquitecturas ou títulos declarados legalmente equivalentes: 1,50 puntos.
F.3. Titulacións de primeiro ciclo: por cada diplomatura, enxeñería técnica, arquitectura técnica ou títulos declarados legalmente equivalentes ou polos estudios correspondentes ó primeiro ciclo dunha licenciatura, arquitectura ou enxeñería: 1,50 puntos.
Nota: por esta alínea F) pódese outorgar ata un máximo de 3 puntos. Unicamente se terán en conta, para os efectos da súa valoración, os títulos con validez oficial no Estado español.Nota: para obter puntuación polas titulacións universitarias de carácter oficial haberá que presentar fotocopia cotexada do título de mestre alegado para o ingreso no corpo e cantos outros presente como mérito.

G) Outros méritos do anexo I do Real decreto 2112/1998, do 2 de outubro: valoración do traballo desempeñado, publicacións e titulacións de réxime especial.
Por esta alínea G) poderá outorgarse ata un máximo de 10 puntos.
G.1. Director/a en centros públicos, centros de formación continuada do profesorado ou centro de recursos: 1,50 puntos por ano.

As fraccións de ano computaranse a razón de 0,125 puntos por cada mes completo.

Orixinal ou copia cotexada do nomeamento e cesamento expedidos pola delegación provincial correspondente, agás no caso de que no nomeamento xa conste a data do cesamento.
G.2. Secretario/a e xefe/a de estudios en centros públicos docentes: 1 punto por ano.

As fraccións de ano computaranse a razón de 0,0833 puntos por cada mes completo.

Orixinal ou copia cotexada do nomeamento e cesamento expedidos pola delegación provincial correspondente, agás no caso de que no nomeamento xa conste a data do cesamento.
G.3. Coordinador/a de ciclo, de departamento, de equipo de normalización lingüística, de actividades extraescolares, asesor/a técnico pedagóxico dos CEFOCOPS ou mestre adscrito a centros de recursos: 0,50 puntos por ano.

As fraccións de ano computaranse a razón de 0,041 puntos por cada mes completo.

Por estas 3 subalíneas só se valorarán os cargos desempeñados como funcionarios de carreira.

Cando se produza o desempeño simultáneo de cargos non poderá acumularse a puntuación.

Certificación expedida polo director do centro co visto e prace do inspector de educación da zona, agás no caso dos asesores técnico pedagóxicos e dos mestres dos centros de recursos que deberán presentar nomeamento expedido pola delegación provincial correspondente.
G.4. Por desempeño de postos na Administración educativa de nivel de complemento igual ou superior ó asignado ó corpo de mestres: 1,50 puntos por ano.Orixinal ou copia cotexada do nomeamento.
As fraccións de ano computaranse a razón de 0,125 puntos por cada mes completo.
G.5. Por publicacións de carácter didáctico sobre disciplinas obxecto do concurso ou directamente relacionadas con aspectos xerais ou transversais do currículo ou coa organización escolar.Exemplares orixinais con I.S.B.N. ou fotocopia cotexada de todas e cada unha das páxinas da publicación.
Ata 1 punto.
G.6. Por publicacións de carácter científico e proxectos e innovacións técnicas sobre as disciplinas obxecto do concurso.Exemplares orixinais con I.S.B.N. ou fotocopia cotexada de todas e cada unha das páxinas da publicación.
Ata 1 punto.
Unha publicación só poderá puntuarse por un dos puntos anteriores. Aquelas publicacións que estando obrigadas a consigna-lo I.S.B.N. en virtude do disposto no Decreto 2984/1972, do 2 de novembro, carezan del non serán valoradas.
G.7. Titulacións de ensinanzas de réxime especial.

As titulacións de ensinanzas de réxime especial outorgadas por escolas oficiais de idiomas e conservatorios de música e danza valoraranse da forma seguinte.

Fotocopia cotexada de cantos títulos sexan alegados ou certificación acreditativa de ter feitos os estudios conducentes a súa obtención.
Música e danza:
Grao medio: 0,50 puntos.
Ensino de Idiomas:
Ciclo elemental: 0,50 puntos.
Ciclo superior: 0,50 puntos.

H) Outros méritos relacionados co posto:Fotocopia cotexada dos documentos acreditativos.
-Por te-la habilitación/especialización en pedagoxía terapéutica ou en audición e linguaxe 2 puntos.
-Por cada ano de servicio na especialidade de pedagoxía terapéutica ou audición e linguaxe... 1 punto.
-Coordinación de departamentos de orientación nun centro 2 puntos por ano.
-Anos de servicio activo nos EPSA 2 puntos por ano.

11961