Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 08 de xaneiro de 1999 Páx. 220

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 23 de decembro de 1998 pola que se convoca concurso para a provisión de postos de traballo vacantes na Administración xeral da Xunta de Galicia.

Advertido erros na devandita orde, publicada no DOG número 250, do 29 de decembro cómpre face-las seguintes rectificacións:

No anexo I, páxina 13.742, posto 30, columna de complemento específico, onde di: «0.000.000», debe dicir: «1.037.580».

Na páxina 13.746, postos 150, 151 e 152, columna de complemento específico, onde di: «000.000», debe dicir: «435.524», «435.108», «401.652», respectivamente.

11882